TOP 10 receitas de canapés con tostas de pan Mariñeiras®

Ola, mariñeirxs!⚓

O Nadal está ao virar a esquina e aínda que este ano vai ser atípico para todos debido á situación provocada pola pandemia, como dicimos os galegos: comer hai que comer! Por iso, para os que vos quedastes sen ideas ou para os que non tivésedes tempo aínda de pensar en nada, en Daveiga traémosvos unha selección das mellores 10 receitas de canapés coas nosas tostas de pan . Collede papel e bolígrafo, e á lea!

01 - canapé de bombóns de pescada

A nosa amiga «Brujita na cociña» ou @bertha_brujita para os instagramers, propuxo esta marabilla de canapé de pescada con base de tostas de pan Mariñeiras®. Orixinal e super vistoso, sorprenderá a calquera invitado pola presentación e polo sabor.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan especiais canapé sabor manteiga.

02 - canapé de salmón afumado e cítricos

É a quenda de @food_pepa, quen nos sorprendeu hai uns meses con estes vistosos canapés de salmón afumado e zume de lima.

Para os instagramers, propuxo esta marabilla de canapé de pescada con base das nosas tostas de pan. Orixinal e super vistoso, sorprenderá a calquera invitado pola presentación e polo sabor.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras®da variedade natural sabor aceite de oliva virxe extra.

03 - canapé de polbo á prancha con puré de pataca

Como bos galegos que somos, non pode falta faltar bo marisco nas nosas ceas de Nadal e por que non facer uns canapés de polbo á prancha con puré de pataca e base de tostas de pan Mariñeiras® de aceite de oliva como o que nos enviou @franjape? Aínda que o vexades moi complicado de facer, asegurámosvos que é máis sinxelo do que parece. Importante: o polbo hai que cocelo primeiro antes de pasalo polo ferro. O resto da receita, clic na foto!

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® especiais canapé sabor manteiga.

04 - canapé de ensalada fresca de atún

Tanto para un vermut de domingo como para un aperitivo de Nadal, este canapé de ensalada fresca de atún e tosta de pan de base, co que @mariamonterofoto nos convenceu, é a cousa máis sinxela e resultona do mundo.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® especiais canapé sabor manteiga.

05- canapé ou coca de sardiñas

No blogue de Decorecetas poderedes atopar nesta receita de canapé para os amantes das conservas. Trátase dunha base de tosta de pan, pode ser de manteiga, aceite de oliva ou mesmo, para os máis atrevidos, de espelta! .

Empezaredes por facer un sofritido con 2 dentes de allo, unha cebola pequena, medio pemento verde e vermello, e 2 tomates maduros grandes. Sal ao gusto e por último, poñede unhas sardiñas limpas encima de todo. Ao forno, a 180º por 25 minutos e listo!

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® especiais canapé sabor manteiga.

06- canapé con queixo de cabra, cebola caramelizada e noces

Se sodes amantes do queixo coma nós, este canapé de @las_chachas faravos a boca auga. Poñédelle unha base das nosas tostas de pan, cebola caramelizada, un toro de queixo de cabra, unhas noces e un pouco de amor. Gustaralle ata ao cuñado!

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® de variedade natural sabor aceite de oliva virxe extra.

07- canapé de zamburiñas en salsa de vieira

Que non tedes tempo de cociñar este Nadal? Temos o voso canapé ideal que nos enviou nosa superfan @cory_85: base de tostas de pan Mariñeiras® con AOVE, e zamburiñas en salsa de vieira. Onde está o truco? Nas zamburiñas en conserva. Unha gran alternativa se non queredes cociñar en exceso. O máis importante, é que sexan unhas conservas boas, o resto vai só. Facédenos caso, dan o pego e quedaredes como señores e señoras.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® de variedade natural sabor aceite de oliva virxe extra.

08- Vasiños de brandada de bacallau con lagostinos

Vaaale. Non son canapés, pero parécennos tan ideais para estas festas que tiñamos que incluílos. @lacocinadelsur sorprendeunos con estos orixinais vasiños de brandada de bacallau con langostinos para os que non necesitaredes cubertos, senón tostas de pan Mariñeiras® especial bocado, jeje. Divertido, non?

A elaboración:

Paso 1: Nunha tixola con aove douramos o pure de allo picado. Seguidamente, engadimos 400 gr. de bacallau desmigado, 100 ml. de leite e pementa. Cociñamos ata que o bacallau estea feito.

Paso 2: Trituramos a mestura de bacallau e unha pataca cocida ata obter unha crema fina.

Paso 3:Cocemos uns lagostinos e pelamos só o corpo deixando a cabeza e a cola.

Paso 4:Enchemos uns vasiños chatos, decoramos con lagostino e unha torrada.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® de variedade natural sabor aceite de oliva virxe extra.

09- Canapé doce de plátano, chocolate e amorodo

Non todo van ser canapés salgados, tamén temos un oco para o doce. Si estáis hartos de turrón, polvorones y mazapanes, os animamos a que probéis esta opción de canapé doce de plátano, chocolate e amorodo que nos propón @comerdetodoblog. Fácil e ideal para os máis lambóns da familia.

A elaboración:
 
Nunha tixola cun pouco de aceite engadimos un plátano partido cun pouco de azucre moreno e deixamos que se cociñe, machucándoo e caramelizandolo. Unha vez listo, reservamos e deixamos que se arrefríe. Unha vez frío mesturamos o plátano co mascarpone, mais ou menos poñeremos a mesma cantidade de ambas as cousas. Poñemos a mestura sobre a nosa galleta, coroamos con medio amorodo e chocolate negro relado.

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® de variedade natural sabor chía.

10- Canapé doce de flor de mazá

Como adoitan dicir os nosos amigos ingleses: last but not least. Presentámosvos este segundo canapé doce da man de @mi_coqueteria. Super fácil y muy resultón. Solo tenéis que usar nuetra tosta de pan de base, cubrir con una capa de crema pastelera espesita para que aguante bien la flor, y cortar láminas muy finas de manzana, previamente pasadas 1min al microondas, para colocarlas finalmente sobre la crema y la tosta de pan. Para decorar, un poco de miel y canela. Non nos digades que non queda bonito!

Este canapé está elaborado coas tostas de pan Mariñeiras® de variedade natural sabor manteiga.

Para acabar, queremos darvos as grazas a todxs os que nos enviastes estes fabulosos canapés ao longo deste ano e a tod@s os demais, só lembrarvos que se tedes dúbidas sobre dónde comprar nuestras tostas de pan Mariñeiras®, podedes botar un ollo a este artigo do noso blogue: Onde mercar tostas de pan.

Felices Festas (con sentidiño) a todxs!

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas