Daveiga coa promoción da cultura e do cine

Bo día mariñeirxs!⚓

O mes de maio para Daveiga foi un mes eminentemente cinematográfico. Gústanos o cinema como cultura, como entretemento e como modo de discurso da índole que sexa, sempre que achegue algo produtivo e diferente.

Porque cremos que as iniciativas culturais novas necesitan respaldo, en maio volvemos apostar polo Festival Internacional de Cinema de Vigo, patrocinando a VI edición do Primavera do Cinema que se desenvolveu entre o 4 e o 14 de maio.

Videoclips, animación, masterclass, curtos, con especial protagonismo, este ano, do cinema angoleño foron algúns dos ingredientes desta cita que fixo que centos persoas achegásense ao cinema e fixérano, entre outros, da man de Daveiga.

http://primaveradocine.com

E de patrocinar un festival para patrocinar un proxecto audiovisual concreto, «Charkpen» (Esperanza) de Némesis Creaciónes. Trátase dun curto documental rodado na Patagonia Arxentina, un traballo eminentemente fotográfico (en vídeo), que nos propón unha reflexión desde o caos á esperanza. A través da figura dunha indíxena Selk´nam preséntasenos a posibilidade de tomar conciencia da situación de descontrol vital da humanidade para tentar cambiar as cousas. Unha volta ás orixes, ao respecto pola natureza e a promover un modo de vida sostible.

En Daveiga decidimos apoiar este proxecto porque compartimos a mesma filosofía e porque dalgún modo devolvemos a débeda que temos con Arxentina á hora de «crear» as nosas tostas de pan.

http://www.nemesiscreaciones.com/charkpen-documental-proyecto-esperanza

«Charkpen» viaxará por festivais de cinema de todo o mundo e deste xeito levaremos o nome de Daveiga a destinos que doutra maneira seríanos moi difícil, asociándoo, ademais á sustentabilidade no modo de produción e no modo de relacionarnos coa terra.

Xa en xuño colaboramos nos eventos de Filmadrid, Festival Internacional de Cinema que se celebrou entre o 8 e o 17 de Xuño. Non é a primeira vez que colaboramos con esta actividade que nos permite estar presentes durante 10 días en Madrid e que todos os asistentes gocen coas nosas mariñeiras. Toda unha honra e unha satisfacción que sigan contando connosco.

http://filmadrid.com

IMG_20170608_214256

🤘Boa entrada de verán!🤘

Non vos esquezades das tostas de pan Mariñeiras® para esas merendas ricas, ricas.

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas