Receita de bombóns de pastel de pescado na airfryer sobre tostas de pan Mariñeiras®

Que vos parecen estes bombóns de peixe para poñer de canapé nas comidas ou ceas informais que temos con amigos nestas festas? Estupendos para non ter que complicarnos e ademais como se poden facer o día anterior, así temos libre ese día para non estar metidos na cociña. Ademais, como os fixemos na airfryer, fanse nun momento. 

Neste caso regámolos con salsa rosa pero podedes poñer a salsa que máis vos guste. 

ingredientes

preparación

  • Pelamos os gambones e reservamos as cabezas.
  • Nunha tixola, cun pouco de aceite, cociñamos os filetes de peixe. Sacamos e reservamos.
  • Na mesma tixola, botamos un pouco de aceite e os corpos dos gambones. Esprememos ben as cabezas, para que solten todo o mollo, e cociñamos todo iso un par de minutos. Sacamos.
  • Nun bol poñemos o peixe e os corpos dos gambones, todo iso partido. Engadimos o mollo que quedou na tixola das cabezas dos gambones. 
  • Nun prato fondo poñemos a nata líquida e aí mollamos moi ben o pan de molde. Escorrémolo coas mans, desfacémolo e incorporámolo ao bol, ao que tamén lle poñemos a fritada de tomate. Mesturamos todo con coidado.
  • Batemos os ovos cun pouco de sal. Incorporámolos tamén e mesturamos todo moi ben para que non quede nada de ovo solto.
  • Untamos os moldes de silicona cun pouco de manteiga e enchémolos coa mestura anterior.
  • Cociñamos 12 minutos a 180 graos. Deixamos arrefriar dentro da airfryer e logo metemos na neveira. 
  • Mentres tanto podemos ir facendo a salsa rosa, para iso poñemos a maionesa nun bol e engadimos o resto de ingredientes. Batemos cunhas baleas para evitar que se corte. Tapámola e metémola na neveira.
  • Cando vaiamos tomalo, sacámolo unha hora antes da neveira para que non estea tan frío, desmoldamos os bombones poñémolos sobre as tostas de pan e regámolos coa salsa rosa. Esparexemos por encima o ceboliño picado.

E listos para poñer na mesa!👌

Esperamos que vos encante esta idea porque están boísimos. 

Podes ler a receita orixinal e completa no blogue de Felicidad de un plato. 

Grazas!😀

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas