Bombóns de xamón con froitos secos sobre tostas de pan
Que tal mariñeirxs? ⚓Como está a ir o ano?
Nós pechámolo con concurso de fotografías de «Receitas con tostas de pan Mariñeiras® para o Nadal». Parabén a todxs e grazas por participar na nosa proposta, encantáronnos e foi duro elixir entre tantas opcións apetecibles e curradas.
Esta receita foi unha das finalistas grazas á súa sinxeleza e orixinalidade – realmente nos sorprendeu.👇
Bombóns de xamón con froitos secos.
Trátase dunha especie de bombóns feitos con xamón serrano e recheos dunha mestura de dátiles, noces e queixo crema, servidos sobre unha tosta de pan integral.
É moi fácil de facer – calquera pode facelo na casa – e é unha gran forma de saír do paso se tes convidados inesperados. Encantounos!🥰👌
Tamén che pode interesar...
Etiquetado canapés


