Receita de Camembert ó forno con marmelada de cebola e cogomelos con tostas de pan Mariñeiras®

Se sodes dos que vos gusta preparar unha merenda cea informal despois de ver a cabalgata de reis, entón non vos podedes perder esta rica receita. A cremosidad do queixo acompañada do crujiente das tostas de pan Mariñeiras®, fai que resulte en grao sumo apetecible. As mariñeiras especial canapés son estupendas para este tipo de receitas porque non se abrandan quedando súper crujientes.  

ingredientes

A marmelada de cebola e cogomelos combina perfectamente co queixo, resultando nun bocado moi saboroso.

preparación

  • Comezamos preparando a marmelada: pelamos as cebolas e cortámolas en xuliana. 
  • Cortamos os cogomelos en anacos. 
  • Sofritimos a cebola nunha tixola co aceite. Cando estea transparente, engadimos os cogomelos e cociñamos durante uns minutos.
  • Engadimos o azucre, deixamos que caramelice e incorporamos o brandy.
  • Deixamos reducir a lume medio.
  • Para obter unha marmelada máis fina, triturámola cunha batedora.
  • Poñemos o queixo nun recipiente apto para a airfryer. Facémoslle uns cortes transversais na parte superior. 
  • Cubrimos co marmelada e unhas noces picadas, abrindo un pouco os cortes do queixo para que penetre no interior. 
  • Programamos a freidora durante 12 minutos a 180ºC.
  • Sacamos e servimos acompañado das tostas de pan Mariñeiras®. 

E listo! A gozalas.😎

Podes ver a receita orixinal 👉aquí.

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas