
Receita de copas de mascarpone con tostas de pan Mariñeiras® de chocolate
Coñecedes as tostas de pan Mariñeiras® de chocolate? Son estupendas para un snack ou mesmo para preparar esta rica sobremesa que perfectamente podía ser unha versión do clásico tiramisú.
Estas copas mesturan o aroma do café ca crocantez e sabor das mariñeiras de chocolate e a cremosidad da crema mascarpone, e todo iso fai que o sabor na boca sexa fabuloso. Non vos parece unha receita estupenda para preparar en Nadal e sorprender aos de casa?
ingredientes
- Tostas de pan Mariñeiras® snack de chocolate
- Chocolate relado
- Café espresso
- 250 gr de mascarpone
- 2 ovos
- 30 gr de azucre



preparación
- Comezamos separando as xemas das claras. Montamos estas últimas a punto de neve, ata que teñan unha textura firme. Reservamos.
- Mesturamos as xemas co azucre e batémolos ata conseguir unha textura cremosa.
- Abrandamos o queixo mascarpone coa axuda dun garfo e mesturámolo coas xemas e o azucre.
- Agora engadimos as claras montadas e mesturámolas con coidado con axuda dunha espátula.
- Agora só nos queda montar as nosas copas, para iso poñemos unha cullerada de crema de mascarpone no fondo das copas, mollamos as tostas de pan no café e colocámolas con coidado encima.
- Poñemos unha segunda capa de crema de mascarpone, outra de tostas de pan Mariñeiras® e unha última capa de crema.

Tapamos e metemos na neveira, para que repouse e colla corpo (por iso é convinte facelo o día anterior).
Ao día seguinte trituramos unhas tostas de pan Mariñeiras® de chocolate e mesturámolas cun pouco de chocolate relado. Espolvoreamos con iso as copas e xa temos a nosa sobremesa preparada para gozalo!
Para ler a receita completa e orixinal podes facelo desde 👉aquí.
