Daveiga está presente en Natura Málaga, Feira de Vida Saudable e Sostible

As mariñeiras estarán presentes en Natura Málaga, a 10ª edición desta feira de Vida Saudable e Sostible. O evento terá lugar o 6, 7 e 8 de abril no FYCMA, Palacio de Feiras e Congresos de Málaga.

Trátase dun dos encontros de referencia vinculados coa promoción de estilo de vida saudable e reúne unha ampla oferta de produtos ecolóxicos, naturais e respectuosos co medio ambiente, entre eles as mariñeiras de Daveiga.

Estarán representados diferentes sectores: produtos eco certificados, alimentación, cosmética e técnicas complementarias, bebé, gastro, turismo e sustentabilidade, mobilidade e artesanía. Un dos principais obxectivos desta feira é fomentar o comercio xusto así como servir de plataforma para a concienciación do coidado do planeta e dos seus recursos naturais.

Convidámosvos a visitarnos na Caseta A23!

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas