Daveiga foi beneficiaria do Plan de Deseño cunha axuda subvencionada pola Axencia Galega de Innovación.

Nestes días estamos a rematar as tarefas do noso Plan de Deseño financiado grazas a unha axuda subvencionada pola. Agencia Gallega de Innovación enfocada a promover el desarrollo tecnológico, la innovación y una investigación de calidad.
O obxectivo principal do Plan de Deseño foi o desenvolvemento dunha nova gama de produtos sen glute, sempre tendo presente a nosa filosofía de obter produtos de calidade e aliñándonos co RETO 3, un modelo de vida saudable e un envellecemento activo da poboación. Nesta nova gama de produtos, o deseño forma parte da innovación mantendo a esencia principal da marca pero cunha estética diferenciada.
Imos detallar as actividades realizadas divididas en tres fases:
Fase I: Análise, estratexia e conceptualización
- Análise da organización interna da empresa e do deseño das estratexias, posicionamentos e carteira de produtos.
- Resumo do posicionamento, insights e claves de deseño.
- Obxectivos e especificacións de deseño.
- Conceptualización e xeración de ideas.
Fase II: Deseño de detalle e desenvolvemento
- Deseño de detalle.
- Deseño funcional e dimensional do produto.
- Selección de materiais, procesos e compoñentes.
- Refinamento estético, axuste de proporcións e unións entre os diferentes compoñentes.
- Deseño de gráfica aplicada.
- Definición técnica dos diferentes compoñentes.
- Definición técnica dos diferentes compoñentes.
- Brand Manual.
Fase III: Preindustrialización.
- Análise do produto e puntos críticos.
- Determinación da vida útil e axustes no deseño e embalaxe.
- Proposta do deseño final, tendo en conta todas as etapas anteriores e a comunicación co consumidor.
Aínda que queda camiño por percorrer, comprácenos informar que estamos moi comprometidos con esta nova liña de desenvolvemento e que continuaremos levando a cabo as accións necesarias para convertela nunha realidade que mellore a calidade e o compromiso do noso proxecto co benestar das persoas.