Daveiga presenta nova imaxe corporativa e packaging nalgunhas das súas bolsas

O proxecto inclúe unha transformación que abarca unha evolución dos logos comerciais "Daveiga" e "MARIÑEIRAS" e unha nova identidade visual, pero tamén cambios de packaging que acompañan a un renovado ton e estilo de comunicaciónDaveiga” e”MARIÑEIRAS®” e unha nova identidade visual, pero tamén cambios de packaging  que acompaña a un renovado ton e estilo de comunicación.

 

NOVA IDENTIDADE CORPORATIVA

nova identidade corporativa de Daveiga busca transmitir o dinamismo propio dunha empresa acorde coa súa historia, visión, valores e equipo. Trátase dun cambio que, sen romper coa esencia da empresa, impulsa a marca e enriquécea, construíndo unha identidade máis sólida e con máis personalidade, frescura, creatividade, diversión e maior conexión coa actualidade. Todo isto sen perder de vista o seu propósito: mellorar a alimentación do día a día das persoas cunha empresa de produción responsable en diferentes ámbitos baseada na economía social e no impulso do rural galego.

A evolución do logo constitúe un paso máis no proceso de transformación no que Daveiga vén traballando nos últimos tempos, co obxectivo de proxectar unha imaxe máis moderna, flexible e dixital. O anterior logotipo levaba vixente desde 2006 e a idea de crear unha nova imaxe responde precisamente o desexo de querer expresar visualmente a transformación e evolución da empresa. Agora, ese logo é simplificado e modernizado para adaptalo aos novos tempos, co fin de xerar unha expresión de marca máis actual e limpa que conecte cos distintos públicos aos que a compañía se dirixe.

 

A nova identidade recolle deste xeito a aposta da empresa galega polo minimalismo e os contornos dixitais sen perder a esencia da marca. Este é o motivo polo que se escolleu de novo como representación da marca comercial o mariñeiro, pero esta vez con detalles simplificados que expresan modernidade, acompañada por unha nova imaxe corporativa que segue as cores diferenciadas da marca e cunhas novas tipografías totalmente pensadas e optimizadas para os contornos dixitais.

Incorpórase ao deseño unha descrición do produto "O pan sen miolo" como unha forma simple pero contundente de transmitir o concepto e orixe do produto; solución dos mariñeiros para conservar o pan, de forma natural, nas longas travesías. Evitando así a asociación con outro tipo de galletas.

NOVO PACKAGING

Daveiga aposta por un novo deseño de todas as súas bolsas pola comunicación e implementación do contido en 6 idiomas, destacando como primeira lingua o galego para mostrar o compromiso e vínculo da marca co territorio, incorporando tamén o éuscaro, catalán, español, portugués e inglés co obxectivo de mostrar o seu vínculo coa orixe e de celebrar a riqueza da terra onde se produce o respecto e recoñecemento da empresa ás linguas utilizadas polos consumidores.

Ademais do cambio de imaxe, Daveiga lanzou dous novos sabores na súa gama natural, de sabor integral e sen sal. Ambas as variedades están enfocadas e pensadas para cubrir as necesidades do consumidor actual.

O proceso de cambio de imaxe, implementado e desenvolvido por Lacía, empresa especializada en branding e deseño de packaging, supón un cambio na comunicación visual da empresa. O seu profundo coñecemento da marca e a súa experiencia foron clave para reflectir a nova Daveiga na súa imaxe e identidade corporativa.

Recibe todas as novidades en receitas