
Onde mercar tostas de pan Mariñeiras® Daveiga?
Ola, mariñeirxs!⚓
Sodes moitos os que estes días, e debido á situación de confinamento actual, estades a preguntarnos onde poder comprar as nosas tostas de pan Daveiga, por iso, a continuación imos resumirvos os supermercados e tendas así como as opcións en liña que tedes para gozar das nosas ricas mariñeiras.
SUPERMERCADOS
variedade natural
Os principais supermercados que distribúen a nosa variedade natural son:
En Galicia, Asturias e Castilla León: Froiz, Gadis, Eroski, Lidl, Grupo Cuevas (Galicia).
En todo o territorio nacional e illas: El Corte Inglés, Carrefour, Alcampo, Supermercados Lupa (Cantabria y Castilla-León), Más y Más (Asturias), Eroski (País Vasco y Navarra), Consum (Valencia, Murcia y Catalunya), Dinosol (Canarias).

variedade BIO
Á venda en tendas especializadas en produtos ecolóxicos, herboristerías, fruterías, tendas gourmet etc. Para saber exactamente onde adquirir algunha variedade Bio na vosa localidade, debedes de poñervos en contacto connosco a través do mail info@galletas.es ou a través de Facebook ou Instagram e concretarémosvos as tendas físicas nas que podedes atopar as Bio que máis vos gusten. Tamén en Correos Market podedes atopalas.
ONLINE
En Daveiga non vendemos directamente a consumidor final, polo que non temos unha tenda en liña propia. Isto significa que non podedes comprar tostas de pan Mariñeiras® a través de internet? Por suposto que si e detallámosvos como:
- Mediante as tendas online dos supermercados: Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Hiperdino, Nana Supermercats, Simply .
- Mediante plataformas como: Amazon, Correos Market
- Tamén nas seguintes tendas con ecommerce: Arenal Perfumerías, A tenda do avó, Comete el mar, Feitizos de Sabor, Galicia Exquisita, Galicia Selectos, Merkabio, Origen Asturias, Planeta Huerto, Sánchez Romero, Uvinum.
importante!
Se tes unha tenda con e-commerce e non apareces nesta lista, así como se es consumidor e non logras facerche coas tostas de pan, por favor, @contáctar a través das nosas redes sociais (Facebook e Instagram) ou mediante info@daveiga.es e buscaremos unha solución.
