O Billó de Ouro, o noso mellor agasallo de Nadal

Hoxe é un día para celebrar! 🙂

Compartimos unha noticia do Progreso que nos puxo moi contentxs, e é que a Asociación Luso-Galaica dá vila do Asma e o Concello de Chantada galardóannos este ano co Billó de Ouro, un premio que ten como finalidade destacar a traxectoria empresarial, social ou cultural que se desenvolve no municipio.

A entrega deste galardón tivo lugar o día 21 de decembro no restaurante Vos Pendellos e queremos dar as grazas a todas aquelas persoas que vos tomastes o voso tempo en felicitarnos e acompañarnos.

Estamos moi felices. Seguiremos traballando para mellorar e crecer un pouco máis cada día!🙂

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas