Entrevista: "O éxito de Daveiga nace no rural: economía social, produción responsable e identidade galega"

Fai uns días en representación de Daveiga, Alba, da Área de Comunicación e Marketing, e Begoña, da Área Comercial, foron entrevistadas en Radio Líder Santiago para falar de onde reside o éxito do proxecto empresarial de Daveiga.

Entrevista con radio líder

Nos estudos de Radio Líder Santiago mantivemos unha conversa para afondar no funcionamento e na filosofía que sustentan este proxecto. Co tempo, aquela proposta de carácter familiar foi medrando e afianzándose, ata figurar en varias ocasións no ranking do Financial Times que recoñece ás empresas europeas cun maior ritmo de crecemento.

Alba, da Área de Comunicación e Marketing, e Begoña, da Área Comercial, nos estudios de Radio Líder Santiago.

A empresa Daveiga basea o seu crecemento nun modelo de economía social que pon ás persoas no centro, cunha organización transparente, horizontal e participativa. Combina este enfoque cun forte compromiso ambiental, aplicando medidas de produción responsable e aproveitamento de recursos. A marca destaca tamén pola súa identidade galega, presente en toda a comunicación e no apoio á cultura local. As Mariñeiras preséntanse como un produto versátil e diferenciado, mentres a compañía continúa expandíndose en mercados nacionais e internacionais. Así, consolida un proxecto que une innovación, valores sociais e raíces no rural galego.

Podes acceder a ler a entrevista ó completo en formato audio ou escrito.

👉 Fai clic aquí para escoitala.🎧

👉 Fai clic aquí para lela.👀

Tamén che pode interesar...