El Progreso: "Daveiga, a marca que aposta polas persoas e o territorio"

Os irmáns Lamazares fundaron en Chantada en 2005 Daveiga, unha empresa que desde entón se consolidou como unha marca que aposta polas persoas e o territorio.

As súas tostas de pan Mariñeiras® permitíronlle obter un gran posicionamento no mercado e o seguinte paso é a ampliación. Como apunta Xosé Lois Lamazares, coordinador do proxecto, este ano será importante para a dixitalización, cuxo fin é liberar carga de traballo e expandirse. 

«Estamos ben posicionados en Portugal e temos moito potencial en desenvolvemento», indica Lamazares, que lembra os comezos. Tanto el como os seus irmáns —Carlos, Óscar, Jesús, Andrés e Manuel— querían regresar ao rural tras un tempo traballando na zona sur de Pontevedra e en Vigo. «Queriamos voltar e fixémolo cunha idea de proxecto autoxestionado», sinala Xosé Lois.

O seu modelo é o de «economía social», baseado nun sistema «participativo, no que o persoal exerce tamén como socio da empresa». 

O gran obxectivo de Daveiga é afianzar o medio rural como un territorio onde é posible «xestionar empresas rendibles e útiles». Os irmáns Lamazares, promotores desta iniciativa empresarial, son naturais de Rodeiro e lanzaron o seu proxecto no polígono industrial de Chantada, onde actualmente dan emprego a 71 persoas.

Podes ler o artigo completo aquí.

Recibe todas as novidades en receitas