Bombóns de xamón con froitos secos sobre tostas de pan

Que tal mariñeirxs? ⚓Como está a ir o ano?

Nós pechámolo con concurso de fotografías de «Receitas con tostas de pan Mariñeiras® para o Nadal». Parabén a todxs e grazas por participar na nosa proposta, encantáronnos e foi duro elixir entre tantas opcións apetecibles e curradas.

Esta receita foi unha das finalistas pola súa sinxeleza e á vez orixinalidade, sorprendeunos.👇

Bombóns de xamón con froitos secos.

Trátase dunha especie de bombóns feitos con xamón serrano e recheos dunha mestura de dátiles, noces e queixo crema, servidos sobre unha tosta de pan integral.

Algo moi sinxelo de elaborar que calquera pode facer en casa e sacarlle dun apuro se tes persoas convidadas por sorpresa. Encantounos!🥰👌

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas