
As tostas de pan de Daveiga premio Produto do ano nos Cantábrico Excelente 2016.
Un selo de calidade que avala un modo de traballar e un produto exclusivo.
Daveiga Produción Responsable pechaba a xornada de onte no Hotel Hesperia #Finisterre da Coruña onde se celebraba a II edición dos Premios Cantábrico Excelente. Segundo a organización, Suplementos e Monográficos S.L. “
Galas de Premios Cantábrico Excelente, achegan un valor engadido ao talento profesional, empresarial, científico, artístico e aos medios de comunicación da cornixa cantábrica.”
Unha trintena de empresas e profesionais de País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia participaron da Gala, unha cita que busca tamén ser punto de encontro para que os galardoados intercambien experiencias e establezan sinerxias.
Este novo selo de calidade para Daveiga supón un recoñecemento ao traballo e modo de facer. “Implica confirmar que a filosofía coa que empezamos fai máis dunha década era a correcta, tendo como basee catro piares fundamentais: calidade e seguridade alimentaria, economía social, prezo xusto e compromiso co medioambiente e o desenvolvemento local”, apunta Xosé Lois Lamazares, xerente de Daveiga.
Produto do ano Cantábrico Excelente
As tostas de pan Mariñeiras® de Daveiga elabóranse con materias primas naturais, sen aditivos nin conservantes artificiais. As tostas de pan, pan sen faragulla ou pan de barco teñen unha forma ondulada orixinal cunha textura e crocantez que as fan moi agradables ao masticar. Son un produto moi dixestivo, adecuado para darlles calquera uso culinario, moi resistentes á absorción de humidade e de longa duración.
Todas estas características fan das nosas tostas un produto único, apto para todas as idades.
Despois de 10 anos de vida, Daveiga Produción Responsable incrementou a súa facturación exponencialmente cada ano, duplicou o seu persoal chegando aos 24 traballadores e comezou a exportar a Portugal e Reino Unido.
Desde o centro de produción en Chantada elaboran na actualidade 7 variedades: manteiga, aceite virxe extra, ecolóxicas, integrais, sen sal, con sementes de chía e con algas.
Outros recoñecementos
A excepcionalidade de sabor, textura, materias primas e conservación das tostas de pan Mariñeiras®, así como o concepto de responsabilidade asociada ao mundo empresarial hanlle resportado a Daveiga Produción Responsable outros premios como, o Premio Excelencia Empresarial 2008, Superior Taste Award en 2009, Sabor do Ano en 2010 ou o Líder en Calidade no sector alimentario en Galicia en 2012.