Existen moitas variedades de tostas de pan Mariñeiras® veganas aptas para consumo de todos aqueles/as que seguides este tipo de alimentación. A continuación, mostrámosvolas!
veganas na liña NATURAL
En Daveiga temos dúas liñas principais de galletas mariñeiras: a liña NATURAL e a liña BIO-ecolóxica. Dentro da primeira, atopamos nada máis e nada menos que cinco variedades, das cales todas, agás a variedade «CLÁSICA», tamén coñecida como «a da bolsa vermella», son veganas. Resumímolas a continuación:
– Tostas de pan Mariñeiras® con Aceite de Oliva Virxe Extra
– Tostas de pan Mariñeiras® con sementes de Chía
Estas catro variedades teñen en común os ingredientes principais (fariña de trigo, aceite de oliva virxe extra, sal mariña, extracto de malta de cebada, lecitina de soia, fariña de malta de cebada e fermento), cada unha das sementes (chía ou liño) e a fariña de espelta. Como vedes, nin rastro de ingredientes de orixe ou derivado animal.
Algunhas destas variedades da liña natural podédelas atopar en supermercados, na vosa tenda habitual ou en Amazon.

veganas na liña BIO
A nosa liña BIO, na que utilizamos ingredientes que proveñen 100% da agricultura ecolóxica (certificado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia «CRAEGA»), conta con todas as súas variedades aptas para consumo vegano. Así temos:
– Tostas de pan Mariñeiras® Bio con Aceite de Oliva Virxe Extra
– Tostas de pan Mariñeiras® BIO Integrais
– Tostas de pan Mariñeiras® BIO con fariña de Espelta
– Tostas de pan Mariñeiras® con sementes de Chía
– Tostas de pan Mariñeiras® con sementes de Quinoa

Os ingredientes en común destas cinco variedades son: fariña de trigo, aceite de oliva virxe extra, sal mariña, lecitina de soia e fermento, ademais de, para cada variedade: sementes de chía, fariña integral, fariña de espelta e sementes de quinoa. Todos estes ingredientes son de produción ecolóxica, agás a sal mariña. Por suposto, tampouco conteñen nada que proceda ou derive dos animais.
Podedes mercar a liña BIO a través de Correos Market ou en tendas especializadas como herboristerías, dietéticas etc.
Se con esta pequena guía aínda non vos quedou claro cales son as tostas de pan veganas que podedes consumir, hai algo que non falla: buscade o logo VEGANO no paquete situado sempre na parte dianteira á beira do noso Mariñeiro. Se non o atopades, é que non é apto para consumo vegano!
