As tostas de pan Mariñeiras® de Daveiga en Alimentaria.

Despois dun balance moi moi positivo da nosa estancia en Gourmets coa Xunta de Galicia e Mercado da Colleita estamos xa en Alimentaria.

Desde hoxe e ata o 28 podédesnos atopar na caseta da Consellería do Medio Rural no pavillón 2 de multiproducto e no pavillón de produtos ecolóxicos co CRAEGA, Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Vide visitarnos se andades pola cidade condal e explicámosvos as peculiaridades dun produto único, as nosas tostas de pan de Daveiga.

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas