As tostas de pan Mariñeiras® acoden á feira de produtos ecolóxicos BioCantabria

O 13, 14 e 15 de abril celébrase no Palacio de Exposicións de Santander a II Feira de produtos ecolóxicos, vida sa e consumo responsable: BioCantabria.
Daveiga está presente neste evento que aposta por unha forma de producir e de consumir máis respectuosa co medio-ambiente, máis consciente, responsable e solidaria coa natureza.

BioCantabria defínese como un punto de encontro entre expositores, produtores, comerciantes, distribuidores, visitantes profesionais, consumidores de produtos ecolóxicos, institucións, asociacións e público en xeral.

Na feira estarán representados diferentes sectores e contará cunha zona dedicada a conferencias, demostracións, catas e outras actividades.

Agardámoste!😄

Máis información en: http://www.biocantabria.com/

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas