
O PAN SEN MIOLO DE LONGA DURACIÓN

Coas nosas crackers poderás gozar da súa calidade, crocantez e sabor ata 8 meses.

orixe

Mariñeiras® é unha marca inspirada no pan seco, sen faragulla, que utilizaban os mariñeiros desde o século XV. Unha solución antiquísima dos navegantes para conservar o pan en longas travesías oceánicas.



Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países e que perdura na actualidade. Sendo coñecidas con distintos nomes como “bolachas de auga e sal”, “galletas de soda”, “galletas de auga e sal”, “crackers” etc.
Inspirándonos neste concepto de pan, tamén rexistramos outras marcas como PAN MARIÑEIRO®, PAN DE BARCO ®, GALLETAS DE BARCO ® etc., baixo as que comercializamos as nosas tostas de pan.
PRESENTACIÓN

Con estas tostas de pan ofrecemos un produto alimentario de longa duración, cuxo sabor neutro e resistencia á absorción da humidade permítenlle que non se abranden co paso das horas, razón que as fai especiais para a elaboración de canapés combinados con doce ou salgado.


Canapés doces ou salgados

Pode ser sustitutivo do pan fresco, pan tostado, pan de molde, galletas doces e da bolería, polo que son recomendadas para comer soas, para acompañar cos teus pratos e como base para a elaboración de aperitivos.
Elaboración semiartesanal


Gózaas soas ou acompañadas!

Soas, entre comidas, en calquera momento e lugar.
Como almorzos e merendas: acompañadas de marmelada ou queixo para untar.
Como aperitivo, para a preparación de petiscos ou canapés doces e salgados.
Como sobremesa, acompañadas de marmelo, requeixo e queixos.





