Mariñeiras de Daveiga súmase a Onda Chicha para impulsar o talento musical galego

Mariñeiras de Daveiga anuncia a súa colaboración con Onda Chicha, o proxecto impulsado por Chichalovers y Radio Líder que nace con el objetivo de dar visibilidad a artistas y grupos emergentes de Galicia, creando oportunidades reales para el desarrollo de la escena musical en nuestra comunidad.

Impulsando talego galego

A través dun proceso de inscrición aberta, Onda Chicha selecciona bandas e solistas que poderán participar en diferentes accións de promoción e difusión, entre elas entrevistas en Radio Líder con presenza en radio e redes sociais, a gravación dun tema no espazo creativo de Chichalovers, entrevistas na Revista Quincemil e a participación no CHICHAFEST, onde os tres proxectos gañadores actuarán en directo na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2026.

Para Mariñeiras de Daveiga, formar parte desta iniciativa supón reforzar o seu compromiso como produtor de proximidade no rural galego, apoiando proxectos que comparten valores como a sustentabilidade, a economía social, a identidade cultural e a promoción da lingua e do talento local. A colaboración nace coa vontade de contribuír activamente á dinamización cultural e económica do territorio, entendendo que o impulso á nova xeración de artistas galegos é tamén unha forma de coidar e proxectar a nosa comunidade cara ao futuro.

Dende a marca destacan que esta alianza conecta de maneira natural co seu propósito: poñer en valor o rural galego non só a través dos seus produtos, senón tamén apoiando iniciativas que fomentan a creatividade, a cultura e o orgullo polo propio.

Tamén che pode interesar...