a ECONOMÍA SOCIAL EN DAVEIGA

«Unha das claves do éxito foi a apostar pola economía social, por unha sociedade laboral que permite que todas as persoas poidan vincularse ao proxecto como socias traballadoras»

A NOSA MISIÓN

O noso propósito é contribuír ao desenvolvemento rural sostible da nosa contorna máis próxima, a través da economía social, a produción responsable e a innovación. Queremos inspirar a outros a que o fagan tamén.

a nosa visión

Queremos ser unha empresa útil e rendible para a sociedade. Ser recoñecidos pola produción responsable. Demostrar que desde o rural e a economía social pódense xestionar compañías cuxos obxectivos estean ao servizo das persoas, á innovación, e á sustentabilidade. Queremos ofrecer alimentos diferentes, sans, saborosos, seguros e útiles para a sociedade.

os nosos valores

humildade

Onde o individualismo non ten cabida, ofrecemos valores centrados na cooperación e fortaleza das relacións humanas.

Responsabilidade

Socio-laboral, económica, ambiental e cultural.

Compromiso e respecto

Coas persoas e o medio. A nosa clave para sentirnos a gusto e útiles.

Seriedade e transparencia

Fundamentais para crear a confianza cos nosos colaboradores e persoas consumidoras.

Creatividade e innovación

Da man dos nosos proveedores, clientes e das personas consumidoras, desenvolvemos novos produtos, sabororos, útiles e rendibles.

Rentabilidade

Permítenos crear valor engadido e sobresaír no mercado.