
Receita de Pastela en tostas de pan Mariñeiras®
Imos cunha unha receita moi fácil e de aproveitamento. Esta vez faremos unha pastela marroquí. A pastela normalmente faise con pito fervido pero quixemos aproveitar sobras de pito asado doutra receita. Imos alá!
ingredientes
- Tostas de pan Mariñeiras® naturais de manteiga
- Pito asado
- cebola
- Un puñado de pasas
- Cubitos de améndoa
- Un puñado de pistachos
- Unha cullerada de canela
- Un puñado de azucre glasé

Preparación:
- Nunha tixola pochamos a cebola, engadimos o pito desmigado e sen pel (sérvenos os restos de pito que nos quedara), tostamos as améndoas e engadímosllas ao pito.
- Incorporamos o ras hanout e a canela. Salteamos un minuto.
- Servimos nas tostas de pan e espolvoreamos o azucre glase e a canela.
Podes ler a receita completa e orixinal no blogue de Especias y Letras.
Grazas! Encantounos😀
Etiquetado receitas