Receita de Salmorejo con tostas de pan Mariñeiras®

Chega o verán e apetece comer algo fresco e san, verdade? Por iso hoxe traémosvos esta receita espectacular de salmorejo cordobés coas nosas tostas de pan. Tomade nota!

ingredientes

PREPARACIÓN

  • Nun bol engadimos as tostas de pan e deixámolas abrandar en auga.
  • Trituramos os tomates con pel noutro recipiente.
  • Engadimos o allo moi picado (sen a raíz) aos tomates. Tamén engadimos o aceite de oliva e o vinagre se nos gusta un toque acedo. Mesturamos.
  •  Comprobamos que as tostas de pan están brandas e engadímolas á mestura anterior. Trituramos todo de novo, de ser necesario e probamos e rectificamos con sal.
  •  Se queremos que o salmorejo quede máis fino (tipo gaspacho) pasarémolo por un colador ou pasapuré.
  • Deixámolo arrefriar na neveira un par de horas e servimos frío acompañado de ovo duro cocido, xamón serrano tostado e as nosas tostas de pan rotas.
  • E a comer!

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas