
Calidade e Innovación

Apostamos pola calidade e innovación tanto no noso modelo como nos nosos produtos, é por iso, que durante a nosa traxectoria recibimos moitos recoñecementos relacionados coa xestión económica, o modelo de negocio e a calidade e innovación presente nos nosos produtos.




“Supón un recoñecemento á aposta de Lugar Daveiga "polo desenvolvemento rural", que é un dos piares fundacionais sobre os que se asenta este proxecto empresarial arraigado á terra.”
Xosé Lois Lamazares

OS NOSOS RECOÑECEMENTOS
- Rankin Europe's Fastest Growing Companies (2021, 2019, 2018)
- Pyme do ano 2020 (Provincia de Lugo) Convocado pola Cámara de Comercio de España e o Banco Santander.
- Plimsoll Certificate of Business Excellence 2020 & 2021. Segunda empresa nacional con maiores marxes de beneficio no sector dos pans especiais de longa duración.
- Indicador Ardán-Gacela (2021, 2017). Empresas con taxa de crecemento elevada e constante na súa cifra de ingresos, por encima do 25%, durante 3 anos.
- Indicador Ardán-Alto Rendemento. (2021) Empresa que consegue unha rendibilidade económica media de polo menos o 25% , nun período mínimo de 3 anos.
- Indicador Ardán-Xeradora de Riqueza. (2021) Empresas que presentan un EVA positivo no período de análise.
- Indicador Ardán-Empresa ben xestionada. (2021) As empresas ben xestionadas responden a varios criterios simultaneamente: crecemento, rendibilidade, produtividade e liquidez.
- Ardán Excelencia Empresarial 2021. Recoñecemento ás 12 empresas galegas que obtiveron seis, cinco ou catro indicadores Ardán.
- Indicador Ardán- Empresa Global (2017). Empresas que presentan valores elevados en canto a internacionalización, volume de exportación etc.
- Premio Produto do Ano. Edición 2016 premios Cantábrico Excelente.
- O Financial Times inclúe a Daveiga na súa clasificación de 2018, 2019 e 2020 entre as 1.000 empresas europeas con máis potencial de crecemento e creación de valor engadido.
- Sabor do ano 2010. Un panel de cata formado por 120 consumidores outorgoulles a máxima puntuación na categoría de galletas, crackers e similares.
- Premio ao Sabor Superior 2009. Distinguido no International Taste & Quality Institute por un panel de cata internacional formado por chefs de 12 países.
- Premio Fulget da USC, recoñecemento a unha empresa ou grupo empresarial galego que colabore en accións destinadas a mellorar as relacións entre a actividade académica da Faculta.
- Líder en Calidade (2012) Premio organizado por Expoourense e Galicia Calidade en colaboración con AENOR.
- Premio Excelencia Empresarial en Responsabilidade Social. IV Concurso Transfronteirizo Galicia- Norte de Portugal. (2008) Fundación CEO de Ourense

mARCAS REXISTRADAS











