desenvolvemento sostible
Unha das liñas fundamentais sobre as que se sustenta o proxecto Daveiga está marcada polo respecto ao medio ambiente e unha forte aposta polo Desenvolvemento Sostible, apostando por un modelo produtivo intensivo en man de obra e xerador de valor engadido.
Medidas en materia de residuos
Coa compactadora optimizamos a reciclaxe dos residuos máis voluminosos como son o papel, o cartón e o plástico.
COMPACTADORA
Fomentamos a economía circular co obxectivo de obter o Residuo Orgánico Cero. Aquelas tostas de pan que non pasan o control de calidade ou a masa sobrante que non poden aproveitarse do proceso produtivo, aprovéitanse como materia prima para a elaboración de pensos das explotacións gandeiras da zona.
Residuo Orgánico Cero
Implantamos un programa de reciclaxe en todas as áreas das instalacións.
RECICLAXE
Consumo responsable de recursos
Fomentamos o uso de coche eléctrico, poñendo ao dispor das persoas traballadoras e visitas cargadores de uso gratuíto.
PUNTO DE CARGA PARA COCHES ELÉCTRICOS
Aproveitamento de augas pluviais para usos non produtivos, sanitarios, limpezas exteriores, xardíns e alxibe de incendios.
AUGA
Empregamos fontes de enerxía renovable grazas aos paneis solares fotovoltaicos que temos instalados.
fontes de enerxía renovables
Apostamos, na medida do posible, por usar materias primas producidas ou transformadas na contorna próxima.
MATERIAS PRIMAS DA CONTORNa
ENVASES MÁIS SOSTIBLES
Usamos material FSC en máis do 95% do cartón que consumimos.
MATERIAL FSC
Redeseño continuo dos nosos envases e embalaxes para uns almacenaxes e transportes máis eficientes e sostibles
ECODESEÑO
Medidas en materia de verteduras e emisións
Na nova instalación traballamos con GNL.
EMISIÓNS
Contamos con depuradoras de augas residuais propias.
DEPURADORAS
Fomentamos o uso do coche compartido entre as persoas traballadoras.
COCHE COMPARTIDO