SUCANDO O 2018

Decembro, tempo de facer balance, botar as áncoras e ver o percorrido feito ata o momento, as experiencias e vibracións do día a día. Tras 13 anos contra vento e marea a entrada do 2018 chegou pisando forte coa renovación da imaxe de Daveiga xunto o lanzamento de novas variedades de mariñeiras ao mercado. Pero o mariñeiro non embarcou só, senón rodeado de moitos proxectos cos que comparte a súa filosofía e compromiso coa economía social, o medio rural e a cultura.