Canapé de tartar de bonito con tostas de pan Mariñeiras®

Dispoñémonos a preparar un aperitivo fantástico que nos suxire Mar desde o blogue Recetas Mar (Mis recetas dulces y saladas): tostas de tartar de bonito.

Ten unha pinta fantástica e encántalle o noso produto, asegura que se merece un posto de honra no seu blogue. Grazas Mar por confiar en nós e darnos eses ánimos.

🤘Imos a por a receita!🤘

ingredientes

Limpamos o bonito de pel e espiñas e cortámolo a coitelo, preferiblemente en taquitos pequenos (tampouco minúsculos). Se vos fixades no meu tartar hai anacos alongados tamén, porque utilicei a zona pegada á ventresca que son como filetes e sae en láminas, de aí esa forma.
 
 Mesturamos nun cunco o resto de ingredientes e engadimos o atún, mesturando ben con coidado para que se impregne todo ben.
 
Metémolo á neveira media hora mínimo .
 
Á hora de servir poñémolo sobre as tostas de pan de aceite de oliva.
 
E listo!

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas