Visita do CRAEGA e da Consellería do Medio Rural Daveiga

Boas tardes mariñeirxs!! Hoxe pola mañá recibimos a visita do CRAEGA e da Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. A actividade formaba parte dun programa de visitas a empresas agroalimentarias de Chantada con certificación ecolóxica. Comezamos cunha reunión na sede do CRAEGA para completar a axenda en Chantada nas nosas instalacións.

Desde Daveiga Produción Responsable agradecemos ao Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) , á Cosellería do Medio Rural e ao Concello de Chantada, o interese en contribuír a darlle visibilidade ao proxecto de DAVEIGA.

A produción de tostas de pan Mariñeiras® con certificado de produción ecolóxica supón ao redor do 10% da facturación total de DAVEIGA, cunha previsión de incremento importante para os próximos anos.

Tamén che pode interesar...

Recibe todas as novidades en receitas