Desenvolvemento ambiental

Unha das liñas fundamentais nas que se sustentou o proxecto de Daveiga estivo marcada polo respecto cara o Medioambiente e por un forte compromiso co Desenvolvemento Sostible, apostando por un modelo de produción intensivo en traballo que xera valor engadido.
MEDIDAS EN MATERIA DE RESIDUOS
Compactadora

Con esta compactadora optimizamos a reciclaxe dos residuos máis voluminosos como son o papel, o cartón e o plástico.
Residuo Orgánico Cero

Fomentamos a economía circular co obxectivo de obter o Residuo Orgánico Cero. Aquelas galletas que non pasan o control de calidade ou a masa sobrante que non pode aproveitarse no proceso produtivo, cédense como materia prima para piensos a explotacións ganadeiras da zona.
Reciclaxe

Implantamos un programa de reciclaxe en todas as áreas das instalacións.
MEDIDAS ENERXÉTICAS
Fontes de Enerxía Renovables

Empregamos fontes de enerxía renovable gracias aos paneis solares fotovoltaicos que temos instalados.
Punto de carga para coches eléctricos

Fomentamos a adquisición de coches con motor eléctrico e instalamos puntos de carga para baterías de uso gratuíto a disposición dos traballadores e traballadoras.
Uso de tubos LED

Substituimos os fluorescentes por tubos LED no 90% das instalacións.
ENVASES MÁIS SOSTIBLES
Reducción de plásticos

Contamos cun proxecto para substituír os actuais envases de plástico das nosas galletas por envases compostables (INNOVAPEME 19).
Material FSC

Usamos material FSC en máis do 95% do cartón que consumimos.
Redución tamaños

Reducimos o tamaño dos estoxos de 100gr. e dos seus envases secundarios (caixas) para optimizar o seu transporte.
MEDIDAS EN MATERIA DE VERTIDOS E EMISIÓNS
Depuradora

Instalamos unha depuradora de aguas residuais.
Coche compartido

Fomentamos o uso do coche compartido entre os nosos traballadores/as.
Materias primas da contorna
