Un selo de calidade que avala un modo de traballar e un produto exclusivo.
Daveiga Produción Responsable asistía no Hotel Hesperia Finisterre da Coruña á II edición dos Premios Cantábrico Excelente. Segundo a organización, Suplementos e Monográficos S.L. “As Galas de Premios Cantábrico Excelente aportan un valor engadido ao talento profesional, empresarial, científico, artístico e aos medios de comunicación da cornisa cantábrica.”
Unha trintena de empresas e profesionais do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia participaron da Gala, unha cita que busca tamén ser punto de encontro para que os galardonados intercambien experiencias e establezan sinergias.
Este novo selo de calidade para Daveiga supón un recoñecemento ao traballo e ao modo de facer. “Implica confirmar que a filosofía coa que comezamos fai máis dunha década era a correcta, tendo como base catro alicerces fundamentais: calidade e seguridade alimentaria, economía social, prezo xusto e compromiso co medioambiente e o desenvolvemento local”, apunta Xosé Lois Lamazares, gerente de Daveiga.
Produto do ano Cantábrico Excelente
As galletas mariñeiras Daveiga elabóranse con materias primas naturais, sen aditivos nin conservantes artificiais. As mariñeiras, pan sen miolo ou pan de barco teñen unha forma ondulada orixinal cunha textura e crocantez que as fan moi agradables ao masticar. Son un produto moi dixestivo, adecuado para darlles calquera uso culinario, moi resistentes á absorción de humidade e de longa duración.
Todas estas características fan das mariñeiras un produto único, apto para todas as idades.
Logo de 10 anos de vida, Daveiga Produción Responsable incrementou a súa facturación exponencialmente cada ano, duplicou o seu persoal chegando aos 24 traballadores e comezou a exportar a Portugal e Reino Unido.
Desde o centro de produción en Chantada elaboran na actualidade 7 variedades de mariñeiras: manteiga, aceite virxe extra, ecolóxicas, integrais, sen sal, con sementes de chía e con algas.
Outros recoñecementos
A excepcionalidade de sabor, textura, materias primas e conservación das mariñeiras, así como o concepto de responsabilidade asociada ao mundo empresarial téñenlle resportado a Daveiga Produción Responsable outros premios como, o Premio Excelencia Empresarial 2008, Superior Taste Award en 2009, Sabor do Ano en 2010 ou o Líder en Calidade no sector alimentario en Galicia en 2012.