Desde o venres 2 ata o domingo 4 de marzo celébrase na Coruña a primeira edición de BioCultura en Galicia. Este evento, organizado pola Asociación Vida Sana, vense celebrando dende hai 33 anos en Madrid, 24 en Barcelona, 7 en Valencia, 4 en Bilbao e 2 en Sevilla.
Neste evento estarán presentes máis de 15.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica e entre elas as mariñeiras Daveiga. A alimentación “bio” estará acompañada doutros sectores como o da hixiene e a cosmética, o téxtil orgánico, a bioconstrución ou as enerxías renovables, entre outros. O sector “bio” atópase en plena expansión sendo España o primeiro produtor en Europa e o quinto do mundo. En Galicia crece a un ritmo do 30% anual, segundo os responsables do CRAEGA.
A cita está dirixida tanto a profesionais como a consumidores, xa que ofrécelles oportunidades aos dous públicos: stands, degustacións, mesas redondas, charlas…
Ademais, durante os tres días do evento, levarase a cabo un sorteo in situ dun lote de produtos ecolóxicos onde estarán incluídas as galletas mariñeiras.
Esta feira conta coa colaboración de Expocoruña, onde terá lugar, e co apoio da Xunta de Galicia, o concello da Coruña e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).
Máis información en: http://biocultura.org