Ola, mariñeir@ s! Hoxe compartímosvos unha noticia do Progreso que nos puxo moi contentos, e é que a Asociación Luso-Galaica da vila do Asma e o Concello de Chantada galardóannos este ano co Billó de Ouro, un premio que ten como finalidade destacar a traxectoria empresarial, social ou cultural que se desenvolve no municipio.
A entrega deste galardón terá lugar o próximo día 21 de decembro no restaurante Os Pendellos e todas aquelas persoas que desexen participar, poderán retirar as súas invitacións no propio local hostaleiro ata o día 19. Esperámosvos!