As nosas Mariñeiras Daveiga chegaron ata a Asociación Érguete de Vigo para que tod@s os usuarios das vivendas de acollida poidan desfrutar delas. Agardamos que vos gusten!
Sobre a Asociación Érguete de Vigo:
A Asociación Érguete nace en 1984 como iniciativa dun grupo de familias cun vínculo común: a drogodependencia dalgún dos seus fillos.
Legalízase no ano 1985 destacando pola súa loita e denuncia do narcotráfico e pola súa demanda de recursos profesionais, públicos e de tratamento da drogodependencia. Debido á demanda que a Asociación vai recibindo na súa traxectoria, o 25 de outubro de 1989, asígnase un convenio entre o Plan Autonómico de Drogodependencias ( P.A.D), Xunta de Galicia (Goberno Autónomo) e a Asociación, convenio polo cal se crea o Servizo de Información e Orientación Xurídico-Social e Reinserción do Toxicómano ( SIORT). Este Servizo posibilita unha atención especializada e provisional aos usuarios/ as, canalizando todas as demandas dos seus afectados a nivel persoal, xurídico e socio-laboral.
É un paso máis do traballo pola plena incorporación á sociedade das persoas que tiveron problemas de drogodependencia, e en xeral dos colectivos que sofren o problema da marxinación, créase no ano 1999 a Fundación Érguete-Integración.
Boa mostra da loita da nosa asociación é o documental realizado no ano 2005 titulado Nin tolas nin terroristas, como tamén a película baseada na vida de Carmen Avendaño e das nais da Asociación Érguete co título HeroinaHoy.
Na Asociación, impulsamos diversos Programas dirixidos á Orientación, Formación, Educación/ Reeducación e á Prevención, o apoio das familias e usuarios afectados ofrecéndolles axuda terapéutica, social, xudicial e facilitando a súa reinserción na sociedade.
#MariñeirasSolidarias #GalletasMariñeiras #Daveiga
#Crackers #Pandebarco #AsociacionErguete #Solidarios #Colaboraciones
- Chegaron as nosas mariñeiras a Érguete
- En Érguete desfrutan das nosas mariñeiras