A Asociación Semente Ribeira Sacra, en colaboración con varias empresas, entre elas Daveiga Galletas Mariñeiras, a Deputación de Ourense, os Concellos de Monforte de Lemos, O Saviñao, Pobra de Brollón, Chantada, Sober, Pantón e Bóveda, as tres Universidades galegas e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), convocaron o VI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “ SEMENTE DE MONFORTE” coa finalidade de estimular ás persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento empresarial.
Poderá participar no Concurso calquera persoa física, de calquera parte do mundo, que propoña unha idea empresarial. As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración. O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 1 de Xaneiro ata o 16 de Febreiro de 2020. A inscrición, que é gratuíta, deberá realizarse telemáticamente a través da web www.sementeribeirasacra.org.
Desde Daveiga Galletas Mariñeiras animámosvos a que participedes nestas iniciativas que apoian o carácter emprendedor e impulsan a contorna privilexiada no que vivimos.