O outono é a estación favorita de moitas persoas. No mes de setembro, o noso ritmo de vida empeza a ser máis calmado e rutinario, comezamos a sacar a roupa de abrigo e deixamos atrás as comidas estivais para dar paso aos pratos máis outonais. Os grandes protagonistas de moitos destes pratos son os vexetais, e é que nesta época medran en abundancia algúns deles. Por iso hoxe queremos contarche cales son as verduras desta tempada, para que poidas preparar uns ricos canapés aos teus clientes, cos que poidan saborearr a entrada do outono.
Verduras de outono
O outono é unha época de vexetais exquisitos que che permiten xogar coa comida de diferentes formas. Nós propoñémosche algúns para que os poidas preparar como máis che guste. Estes vexetais son moi versátiles: podes servilos fervidos, ao vapor, en fritura, á prancha ou asados ao forno. E non esquezas o máis importantes de todo, engadirlle unhas ricas mariñeiras!
Acelgas
As acelgas son unhas verduras que non moi amadas, pero en realidade están deliciosas. Nós queremos que lles deas unha nova oportunidade, xa que se as combinas con outros ingredientes, poderás elaborar un plato cun sabor incrible que sorprenderá aos teus comensais.
Os aperitivos que podes elaborar con acelgas son moi variados. Nós suxerímosche que probes con sabores tradicionais como pode ser un revolto de acelgas e gambas ou unha tortilla de cabaza e acelgas acompañadas cun par de mariñeiras. Tamén podes probar con aperitivos máis rápidos, como un canapé con acelgas asadas e ovo frito ou algo máis elaborado, como pode ser unha albóndiga de carne e acelgas con piñóns.
Alcachofas
A alcachofa é unha hortaliza moi rica en fibra e un alimento de grande sabor. Para sacarlle o maior partido, primeiro hay que escollelas ben: fíxate máis na textura que na cor. Para saber se están frescas, comproba que as follas estean ben pechadas e o tallo duro. Cando vaias cociñalas, ten en conta que se cortan de xeito diferente dependendo de como vaias preparala.
Para o aperitivo, nós aconsellámosche unha ricas alcachofas ao forno con cebolas e cachiños de xamón serrano. Tamén podes ofrecer aos teus clientes unha porción de tortilla de pataca con alcachofa ou podes facer unha deliciosa mousse para untar coas mariñeiras. E se che apetece un aperitivo máis fresco, sirve o corazón da alcachofa frío con anacos de cebola e pemento verde, engade un pouco de aceite de oliva e xa estaría listo para comer.
Berenxena
Este vexetal chegou a España da man dos árabes na Idade Media e, desde entón, fomos preparando pratos deliciosos con el. A berenxena é tan versátil que podes mesturala con diferentes ingredientes. Algúns exeomplos poden ser os seguintes: unhas porcións de berenxena con tomate e mozzarella ou comida máis elaborada como as croquetas de berenxena e queixo ou unha berenxena á parmesana con pesto.
Asimesmo, se queres facer unha salsa para unta, propoñémosche facer o mutabal, que é un delicioso paté de berenxenas que se prepara igual que o hummus e ten un sabor incrible.
Brócoli
O brocoli é unha verdura moi nutritiva, por iso moitas persoas o inclúen na súa dieta. Normalmente, cociñámolo ao vapor fervéndoo en auga, pero hai outros xeitos de presentalo que o farán máis apetitoso para os teus comensais.
Os aperitivos máis comúns e que son relativamente fáciles de preparar son a tortilla de brócoli, allo e ovos ou unha quiche de brócoli e cenoria. O brócoli tamén combina ben con outras froitas e verduras, por exemplo, co aguacate. E, se prefires algo máis contundente, podes servilo cun peixe de sabor intenso, como o bacallau ou o salmón.
Se queres algo máis orixinal, proba a cociñar uns chupitos de brócoli e camembert pasados pola licuadora. Podes servilos en vasos pequenos con algún elemento decorativo que aporte sabor, como cachiños das mariñeiras que máis che gusten. Non deixará indiferente a ninguén.
Cabaza
A cabaza é unha hortalizaque se empregou de diferentes formas desde a prehistoria. A súa pulpa de sabor azucarado foi empregada en moitos pratos e a súa cáscara utilizouse como recipiente para a auga, como instrumento musical e incluso para espantar os malos espíritos no Samaín.
Como aperitivo, podes servila en diferentes formatos. Unha forma sinxela de servila é a modo de dados acompañados de queixo azul ou nunha torrada de cebola caramelizada, queixo e noces. E, para algo máis elaborado, podes facer empanadillas de cabaza e queixo de cabra ou croquetas con cabaza e queixo feta. As cabazas pódense combinar con outros moitos alimentos, pero ten sempre presente que cos queixos lévase moi ben.
Porro
O porro é unha verdura que se cultiva nas estacións máis frías do ano: en outono e en inverno. Así que se esqueces usalo nas túas comidas outonais, xa sabes que podes atopar porros frescos no inverno tamén.
Normalmente, a xente non é moi amiga de comer porros, sobre todos os pequenos da casa. Por iso, esta é a túa grande oportunidade de ofrecer aperitivos sorprendentes aos teus comensais e que comecen a desfrutar destes saborosos vexetais.
Hay moitos aperitivos que conteñen porro e que están deliciosos. Nós suxerísmosche que prepares unha masa de follado de langostinos e porros confitados ou uns ruliños crocantes con morcilla e mazá. Tamén podes facer tortiñas individuais de porro, pataca e bacon ou un sinxelo prato con porros á prancha e mollo picón.
Espinacas
As espinacas son un alimento moi saudable. Ademais son moi versátiles, pódelas preparar en forma de puré, en ensalada, con pasta ou con carne e peixe.
Para ofrecelas como aperitivos, podes preparar unha saborosa tortilla con espinacas e servila cunhas mariñeiras de acompañamento ou unhas bólas recheas con espinacas e queixo roquefort. Aos teus clientes máis carnívores pódeslles ofrecer uns ruliños de polo con espinacas e queixo: é un aperitivo que sempre triunfa.
Como vedes, as verduras de outono dan moito xogo na cociña. Sabemos que hai máis verdura de tempada coa que se poden facer aperitivos marabillosos; nós recomendámosche que vaias combinándoas todas para que ofrezas aos teus comensais aperitivos orixinais e novidosos.