O 31 de outubro celébrase o Samaín, unha festa tradicional de Galicia na que, no pasado, os pobos celtas conmemoraban o fin do verán e o comezo do ano novo celta.
Actualmente, moitas zonas de Galicia están recuperando a tradición de celebrar esta festa popular. Por iso, cremos que é a oportunidade ideal para que incorpores elementos desta festividade no teu local e así poidas dar continuidade a esta tradición galega, ao tempo que atraes a novos clientes. No artigo de hoxe, propoñémosche unha receita con galletas mariñeiras elaborada con un ingrediente moi popular neste día: a cabaza. E, ademais, propoñémosche un xeito sinxelo de facer unha cabeza de cabaza terrorífica coa súa cáscara.
Prepara unhas tostas de marmelada de cabaza con mariñeiras
Un dos símbolos do Samaín é a cabaza, unha das hortalizas de outono que, debido á súa versatilidade, ofrécenos todo tipo de pratos, tanto salgados coma doces. Con esta receita, poderás elaborar a túa propia marmelada caseira para facer uns canapés con galletas mariñeiras que os teus clientes disfrutarán moito.
Ingredientes
Pulpa de cabaza (750 gr.)
Azucre (250 gr.)
Medio limón
Rama de canela
Pasos a seguir
O primeiro que hai que facer é cortar a cabaza para sacarlle a pulpa que ten no interior. Farémolo con un coitelo liso e afiado: agarramos a cabaza e facemos un corte circular na parte de arriba con moito coidado. Aínda que hai xeitos máis sinxelos de cortar a cabaza, aconsellámosche que o fagas así para que despois poidas usar a cáscara para facer unha cabeza típica de Samaín.
Despois collemos a pulpa da cabaza, sacamos as pebidas, poñémola na pota que imos empregar e engadimos o resto dos ingredientes: o azucre, a rama de canela e o zume do medio limón exprimido.
A continuación, poñemos a pota a quenar e, cando comece a ferver, baixamos o lume e deixámolo cociñar durante uns 30-40 minutos. Mentras se cociña, lembra remexer de vez en cando.
Cando vexamos que a mestura ten unha textura expesa, retiramos a pota do lume e sacamos a rama de canela. Despois deixamos que a mestura arrefríe durante unhas horas para que, máis tarde, a poidamos empregar para facer as tostas de marmelada.
Finalmente, cando a marmelada estea preparada, poñemos as mariñeiras nunha bandexa e engadimos un pouco de marmelada de cabaza a cada unha. Adicionalmente, se che apetece que os teus aperitivos teñan un toque de sabor salgado, agregámoslle un pouquiño de queixo, preferentemente de sabor suave.
Adorna o teu local cunha tradicional cabaza
As cabazas son un elemento esencial na celebración do Samaín. Conta a historia que os pobos celtas baleiraban as cabazas e alumeaban o seu interior para espantar ás pantasmas que aparecían na noite.
Na actualidade, esta tradición chegou ás casas dalgunhas familias que se divirten preparando as cabazas cos máis pequenos. Nós queremos contarche como preparalas do xeito máis sinxelo, así poderás ambientar o teu local con elas.
Pasos a seguir
Primeiro, tés que limpar a cáscara da cabaza para que non quede ningún resto de pulpa. Despois debuxas con un bolígrafo a forma dos ollos, do nariz e da boca. Se non tés claro que tipo de cara queres, podes practicar primeiro no papel ata que che saia o que máis che guste.
Despois, con un coitelo afiado, imos cortando os beiras con tino. Cando rematemos de cortar, limpamos as liñas de bolígrafo que se usaran para marcar as liñas das partes da cara da cabaza. Se, cando vaias cortar, vés que está moi duro e que non podes conseguilo, aconsellámosche que a metas un par de minutos ao microondas para que se abrande un chisco.
Finalmente, introduciremos a candea que ilumina a cabaza e lle dará un toque máis terrorífico. Nós aconsellamos que empregues unha candea a pilas, xa que será menos perigoso e máis sinxelo de colocar. E, se queres, para sorprender aos comensais máis pequenos, podes introducir caramelos e animalos a meter a man para conseguilos.
Esta cabaza é moi sinxela de elaborar e dalle un toque orixinal ao teu local. Se tes máis experiencia no tallado de cabazas, tamén podes innovar e deseñalas con outros debuxos máis modernos ou con mensaxes divertidos. Fai todo o que a túa imaxinación e talento che permitan, e sorprende así aos teus comensais.
As cabazas ambientarán o teu local e darálles un ambiente especial para ese día. Aproveita todas as partes desta hortaliza para celebrar o tradicional Samaín. Os teus clientes estarán encantados!