Cada vez máis persoas elixen eliminar todo produto de orixe animal da súa dieta alimentaria. Moitas atópanse co desafío de localizar restaurantes que teñan opcións veganas á carta. Como sabes, a maioría das nosas galletas sono, por iso decidimos facer unha selección de canapés que podes facer coas nosas mariñeiras e outros alimentos totalmente veganos. Así, demostrarás aos teus clientes veganos que tamén pensas neles.
Torradas de paté de berenxenas
Este tipo de canapé é moi sinxelo de elaborar. Colle unha variedade de mariñeiras veganas, unta o paté de berenxenas e verte unha gotiña de aceite de olliva virxe extra.
Podes atopar paté vegano de berenxenas en tendas especializadas. Pero se o que desexas é preparala ti mesmo, temos para ti unha receita sinxela. Só terás que trocear en cadrados as berenxeas e metelas ao forno. Despois, metemos os cachiños nunha batedora coas avelás, noces, zume de limón, un chisco de allo en pó e salpimentamos ao gusto. Cando a mestura teña unha textura semilíquida, sacámola e metémola nun bote para gardala alí ata que a queiramos empregar.
É sinxelo, verdade? E, ademais, con produtos naturais.
Panciños de caviar vegano
Este canapé deixará sorprendidos aos teus comensais polo seu delicioso sabor, moi parecido ao caviar. Para preparalo, colle unhas mariñeiras e coloca unha cullerada de caviar vegano en cada unha delas. Despois, corta unhas follas de ceboliño en cachiños pequenos e ponas sobre cada canapé.
O caviar vegano é un sucedáneo de caviar negro que non emprega nada animal, polo que os teus comensais poden estar tranquilos ao comelo. Para conseguilo, deberás dirixirte ás tendas especializadas en produtos veganos.
Espárragos ao queixo mozarella vegana
Este canapé prepárase ao forno e sérvese quente. Necesitarás espárragos, queixo mozarella vegano, pan raiado, aceite de oliva, sal e pementa negra. Primeiro deberás gratinar os espárragos ao forno para despois picalos e poñer pequenas cantidades nas mariñeiras.
Se consideras que son canapés moi pequenos e prefires servilos como tapa, podes poñelos cunha cesta de mariñeiras en lugar de enriba delas. E que che parece probar as mariñeiras con sementes de liño para esta receita?
Cóctel de gambas vegano
O cóctel de gambas vegano é unha delicia para o padal. As gambas veganas teñen un sabor moi parecido ás gambas comúns, e a salsa rosa darálles un toque orixinal. As gambas veganas pódelas conseguir en tendas especializadas e en algúns supermercados. En canto á salsa rosa vegana, podes mercala ou preparala ti mesmo: só precisarás mercar maionesa vegana e kétchup.
Á hora de servilo, tés dúas opcións: poñer as gambas picadas coa salsa rosa e un cachiño de mariñeira nun vaso pequeno ou servir as gambas con un pouco de salsa rosa sobre as mesmas galletas, Igualmente quedarán deliciosas!
Tés algunha dúbida sobre as variedades de mariñeiras? Nós aconsellámosche as elaboradas con aceite de oliva, pero todas están boísimas e, excepto as de manteiga, todas son aptas para dietas veganas.
Tofu á prancha
Este canapé precisa pequenos cachiños de tofu afumado á prancha, un tomate cortado en toros e unhas olivas verdes picadas. Primeiro prepara o tofu, despois pono sobre as mariñeiras, coloca un toro de tomate en cada unha delas e os cachiños de oliva verde despois. Como toque final, bótalle un chisco de aceite de oliva virxe exttra en cada unha delas, e voilà!, xa tés o teu canapé vegano listo para servir.
Para este canapé, todas as nosas mariñeiras combinan moi ben. Pero esta vez, recomendámosche as bio-organic de quinoa. Próbao e cóntanos cal é o resultado.
Hummus tradicional
O hummus tradicional é un dos pratos veganos favoritos da maioría da xente. Tan só precisas garavanzos cocidos, un dente de allo, zume de limón, aceite de oliva, comiño, sal, pementa e leite vexetal. Nunha licuadora, mesturas os ingredientes e engades un pouco de leite vexetal para conseguir a textura desexada. Despois, sérvelas con unhas mariñeiras veganas: as de chía, por exemplo. Que che parece a idea?
E se queres preparar varios pratos veganos, recomendámosche que os acompañes coas mariñeiras. Excepto as de manteiga, todas son veganas, hai de distintas variedades! Se queres consultar de cantos tipos as temos, animámoste a que visites o noso catálogo da web.