O entroido é unha das festas máis divertidas do ano. Os disfraces permítennos esquecer o día a día en converternos en diferentes personaxes. En Galicia é unha festa de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense.
Se vas celebrar o entroido coa túa familia este ano, suxerímosche que complementedes os vosos disfraces cunha colorida decoración e unhas deliciosas galletas mariñeiras con debuxos. No artigo de hoxe explicámosche todos os pasos a seguir para preparar estas mariñeiras tan especiais. Se tés peques, vailles encantar facer estas mariñeiras… Anímate a preparalas, é moi sinxelo!
Ingredientes
Esta receita require de poucos ingredientes. Para a base, imos empregar as nosas mariñeiras. Só terás que cociñar a pasta para a cobertura. Toma nota de todo o que precisas para preparar estas delicias!
Para a base:
- Un paquete de mariñeiras clásicas
Para la cobertura:
- Azúcar Glass (200 gramos)
- Ovo (1 unidade)
- Colorante alimenticio
- Sal
Preparación
A preparación é moi sinxela debido a que a galleta xa a temos e a cobertura é moi fácil de preparar. O único que ten certa dificultade é o debuxo, mais non te preocupes nin te estreses! Estamos aquí para desfrutar. E se o fas delicadamente e sen présa, seguro que che saen uns debuxos alucinantes.
- Primeiro, xunta todos los ingredientes nun cazo para preparar a mestura.
2. Integra todos os ingredientes facendo movementos circulares ata que consigas unha mestura homoxénea.
3. Despois colle as cores alimenticias e tingue a mestura de diferentes cores.
4. Crea os teus deseños cunha manga pasteleira.
5. Engade os pequenos detalles aos teus debuxos, xa que serán os que fagan das túas galletas un doce moi especial.
Debuxos sinxelos para as túas galletas
Debido á variedade de tons de colorante que hai no mercado, podes deseñar infinidade de debuxos nas túas galletas. Aquí dámosche algunhas ideas:
Xoaniñas:Só precisarás dúas cores: o vermello e o negro. Cubre a galleta coa pasta de cor vermello e despois debuxa os detalles (a cabeza e os puntiños) en negro. En pouco tempo, terás unhas galletas de xoaniñas moi bonitas.
Piratas: Para facer un debuxo de pirata deberás empregar a cor negra para as faccións (ollos, nariz e boca) e para o parche do ollo. Para o pano da cabeza, escolle cores chamativas, coma o amarelo, o laranxa ou o azul. E se vas facer máis de un, vai combinando as galletas de diferentes cores.
Paiasos: Para debuxar paiasos precisarás varias cores. Emprega o branco para pintar a cara, o negro para debuxar os ollos e a boca e o vermello para o nariz. Despois podes empregar o laranxa para poñer dous mechóns de cabelo en cada lado.
Gatos: Os gatos son moi sinxelos de debuxar. Para o pelo, empregaremos a cor negra. Para os ollos usaremos o branco, pero poremos un punto negro no centro para simular o iris. Utilizaremos un color rosa para o nariz, branco para as súas meixelas e con negro, de novo, dibuxaremos tres puntos, que serán os bigotes.
Bruxas: A cara dunha bruxa precisa de poucas cores. Empregamos a cor verde para o rostro; o negro para o nariz, a boca e o sombreiro e, o fondo, pintarémolo de morado. Primeiro faremos a base morada, despois debuxaremos o restro e o sombreiro e, finalmente, colocaremos os pequenos detalles (pestanas, lunares, brillos no sombreiro, etc.).
Proba a preparar estas ricas e divertidas galletas para o entroido e cóntanos que tal che saíron nos comentarios do blogue ou nas nosas redes sociais. E, se tés máis propostas, non dubides en compartilas coa nosa #FamiliaMariñeira!