En Daveiga gústanos elaborar canapés de mariñeiras con froita de tempada, non só porque están máis frescas e saben mellor, senon porque, ademais, reducimos o grande impacto medioambiental que produce cultivar e consumir produtos fóra de tempada.
Por iso, decidimos contarche cales son as froitas e verduras de tempada de primavera e amosarche como elaborar deliciosos canapés con estes deliciosos produtos e as nosas mariñeiras. Para facer a lista, axudámonos dun práctico calendario que ofrece a OCU na súa web.
Froitas e verduras de tempada en primavera
A primavera é a estación do ano que abarca do 21 de marzo ao 21 de xuño. Durante esta etapa do ano, podemos encontrar unha grande variedade de froitas e verduras. Algunhas delas, únicamente se poden atopar no mes de marzo, porque son os últimos cultivos daqueles produtos que medran con facilidade no inverno. Outras comezan a cultivarse en xuño, porque son produtos que se cultivan na tempada estival. En tódolos casos, convén comprar aquelas froitas que abundan en cada mes, e así asegurarse de levar á casa un produto de calidade.
Froitas de tempada
Unha das mellores cousas que ten a chegada da primavera é o cultivo dalgunhas froitas maravillosas que botamos de menos no inverno. Unha delas é a cereixa, unha froita doce que se comeza a recolectar en maio, ata mediados de xullo. Outra das froitas que comezan a súa colleita en peivmera son o albaricoque, a bévera, o melocotón, o melón, a mandarina, a sandía e o níspero.
Nestes meses tamén podemos contar con froitas que se cultivan tanto en primavera como noutras estacións do ano, como a cereixa, a framboesa, a fresa, o limón, a laranxa, a piña, o plátano e o pomelo.
Verduras de tempada
Nos meses de primavera, colléitanse varios tipos de vexetais. A acelga, a berenxena, o brócoli, o calabacín, a cebola, a coliflor, o espárrago verde, a espinaca, o nabo, o pemento, o alloporro, o rábano, a remolacha, o repolo, o tomate e a cenoria.
Asimesmo, tamén contamos con moitas verduras que medran durante todo o ano, incluidos os meses de primavera, coma o allo, a berenxena, a cabaciña, a xudía verde, a leituga, o cogombro, etc.
Ideas para canapés con froitas e verduras de tempada
Agora que xa sabes a grande cantidade de froitas e verduras que se cultivan nesta tempada, adiviñarás que tes un senfín de posibilidades para facer uns deliciosos canapés de galletas mariñeiras. En Daveiga, seleccionamos algúns, tanto doces coma salgados, que son moi sinxelos de preparar… e están boísimos!
Canapés doces
Os canapés doces con froita de tempada están riquísimos. Nós aconsellámosche prepares a froita de dous xeitos: troceada en tiras finas ou en forma de marmelada. A nosa #FamiliaMariñeira desfruta e comparte con nós, continuamente, canapés elaborados con marmelada de albaricoque ou melocotón cun pouco de queixo fresco. Sabe xenial!
Tamén podes facer marmeladas caseiras de outros sabores, como de fresa ou de framboesa, e tamén podes incorporar cachiños doutras froitas, como pode ser o plátano ou o pomelo.
E, como alternativa ás marmeladas, que che parece preparar unha rica macedonia de froitas? Despois de trocear en pequenos anaquiños algunhas das túas froitas favoritas, podes colocalas coa axuda dunha culler enriba das túas mariñeiras favoritas.
Canapés salgados
Para os canapés salgados, podes empregar calquera verdura de tempada, seguro que quedarán boísmimos. Podes preparar as verduras fritidas ou á prancha, e combinalas con outros ingredientes. Nós querémosche suxerir dúas das nosas opcións estrela: unhas minipizzas de mariñeiras con berenxena, tomate e queixo, ou uns tacos feitos con sofrito de pemento, ceebola, berenxena, brócoli e cabaciña.
En Daveiga, elaboramos moitas receitas con verduras da terra. Encántannos! Así que se queres ver todas as receitas que elaboramos coas nosas mariñeiras, tédelas dispoñibles no noso Instagram.
Todos os venres publicamos unha distinta con verduras, froitas e outros moitos ingredientes!
Beneficios de tomar froita de tempada
Elixir froita e verdura de tempada ten moitos beneficios, non só para a túa saúde, se non tamén para a do planeta.
Unha das ventaxas de consumir froita e verdura de tempada é que teñen mellor sabor e que conservan todas as súas propiedades. Ademais, consumindo produtos que se cultivan dentro do seu ciclo natural, evitamos que haxa cultivos forzados que empreguen produtos potencialmente nocivos para a saúde.
Ademais, con esta acción estimulamos a produción local e evitamos depender de produtos importados, o que evita un custo extra polo transporte e reduce as emisións de CO₂.
Por iso, en Daveiga, eliximos froita de tempada sempre que a situación nolo permita.
Agardamos que vos gustaran as nosas suxerencias de canapés e que desfrutedes coas froitas e verduras de tempada, tanto como o facemos nós.
Bo proveito!