Normalmente, os días festivos celébranse facendo comidas típicas de cada rexión, e as vacacións de Semana Santa non podían ser menos. Nestes días, elaboramos todo tipo de produtos tradicionais, entre os que destacan deliciosos postres, como as torradas de ovo ou a leite fritida.
Outros doces que tamén adquiren certo protagonismo nestas datas son os chocolates e as galletas, que tradicionalmente se regalan aos afillados e ás afilladas. Por iso, decidimos contarvos como elaborar galletas de Pascua con mariñeiras, e así poderedes regalar aos/ás vosos/as afillados/as doces feitos de xeito artesanal que están deliciosos.
Ingredientes
Para a base:
- Un paquete de galletas mariñeiras clásicas
Para a cobertura:
- Azucre Glass (200 gramos)
- Ovo (1 unidade)
- Sal
- Colorante alimenticio
Pasos a seguir
Sigue estes sinxelos pasos para crear unhas galletas cunha cobertura perfecta, que che axudará a facer os debuxos con facilidade e terá un boísimo sabor. Toma nota!
- Colle o teu paquete de Mariñeiras e colócaas nunha bandexa, separadas unhas das outras.
- Reúne todos os ingredientes nun bol para realizar a mestura.
- Vérteos nun bol para realizar a mestura.
- Integra todos os ingredientes coa axuda dunha baleadoira, facendo movementos circulares ata que acade unha consistencia fluida e unha textura homoxénea.
- Colle as cores alimenticias, tingue a mestura de diferentes cores e introduce cada cor nunha manga pasteleira para poder glasear as galletas con diferentes cores.
- Para facer o fondant, primeiro debuxa a base dunha soa cor coa manga pasteleira. Para poder arranxar calquera irregularidade, podes facer uso dun punzón.
- Despois,debuxa os outros detalles enriba do fondant de base. Se temes que non che saian ben, podes empregar un molde para facer eses debuxos. Para pegalos na base, poñemos un pouco de cobertura por atrás para que funcione de pegamento.
- Cando o debuxo estea completo, agarda a que seque toda a cobertura para poder servir as galletas.
Variedade de deseños
Ovos de Pascua: Debuxa ovos de Pascua de diferentes cores: azuis, morados, amarelos, verdes. É un debuxo moi sinxelo e, para facelo máis divertido, podes facelos de cores diferentes.
Coellos de Pascua: Os coellos de Pascua son fáciles de debuxar, pero se non tes moita man co debuxo e queres algo sinxelo, proba a facer soamente as caras. Só terás que trazar as meixelas rosadas, as orellas alongadas, os ollos grandes e o seu simpático nariz. Para debuxar pequenos detalles, como a contorna dos ollos ou as pestanas, podes empregar un pincel fino e colorante negro, ou un rotulador de tinta comestible.
Cesta de ovos: Para cambiar un pouco, que che parece aproveitar a forma redondeada da galleta para facer unha cesta de mimbre con varios ovos no seu interior? Quedarán unhas galletas bonitas, coloridas e diferentes.
Poliños: Os poliños sempre son unha boa idea e os pasos para facelos son moi sinxelos. Só precisarás pintura amarela para o corpo, laranxa para o pico e negro para debuxar o contorno e os ollos. Se non tes cor laranxa, sempre podes mesturar o vermello e o amarelo para obtelo.
Flores: Para darlle un toque primaveral á Semana Santa, que che parece debuxar unhas flores? Podes seleccionar a que máis che guste ou mesturar diferentes familias: rosas, tulipáns, xirasois… Hai multitude de flores que poden quedar de marabilla.
Con que acompañalas
As galletas son un bocado moi apetecible que se pode acompañar con calquera bebida, pero as que mellor encaixan co seu sabor son bebidas quentes, como un vaso de leite, un te ou un café. Pero como en Daveiga somos moi chocolateiros, esta vez propoñémosche que fagas unha grande chocolatada para aocmpañala con estas deliciosas mariñeiras. O chocolate é un ingrediente que gusta a case todo o mundo! E, ademais, é moi versátil, xa que se pode preparar tanto con auga, como con leite de todo tipo (de animal, vexetal, sen lactosa, etc.). Así, asegúraste de que todo o mundo poida probalas, independentemente de que haxa comensais veganos/as ou intolerantes á lactosa.
Agardamos que vos gustara esta receita e que vos divirtades moito preparando estas deliciosas galletas con base mariñeira.
E se queredes ver máis receitas coma esta, non dubidedes en visitar o noso blogue e as nosas receitas en Instagram.