Se algo destaca en Galicia, é a nosa deliciosa comida. Trátase do lugar ideal para facer turismo gastronómico, debido á calidade dos pratos. En honra á nosa incrible gastronomía, elaboramos unha lista de pratos galegos que casan moi ben coas nosas deliciosas galletas mariñeiras.
Polbo á feira
A primeira tapa non podía ser outra que a do “Polbo á feira”, prato por execelencia da gastronomía galega que bendeciu os padais de galegos/as e visitantes desde fai moito tempo. O polbo galego está condimentado con aceite, sal gorda e pementa (pódese elixir entre a doce ou a picante, dependendo do teu gusto, ou botar directamente as dúas). Normalmente, esta tapa vai acompañada de cachelos. E nós, ademais, suxerímosche que a acompañes cunhas deliciosas mariñeiras con AVE para darlle un aporte novo a esta deliciosa tapa.
Lacón con grelos
O lacón con grelos é un dos pratos estrela da nosa gastronomía e un dos más coñecidos. Pódelo atopar en diferentes restaurantes en forma de tapa, ou como prato individual. Esta comida típica galega componse principalmente de lacón e grelos, pero en ocasións tamén se lle engade un pouco de touciño, chourizo e cachelos para acompañar. E en Daveiga, como non pode ser menos, propoñémosche que engadas un elemento más que complete o seu sabor: uns cachiños de galletas mariñeiras de sementes de liño.
Como os grelos se colleitan nos meses de outono, resultarache máis sinxelo atopalos nos mercados e tendas durante esta época.
Chourizo con cachelos
O chourizo con cachelos é un prato típico de Galicia que é moi popular nas zonas rurais. Esta tapa componse dun chourizo de sabor intenso que está condimentado con especias de sabor forte e de cachelos. Ámbolos dous ingredientes cócense xuntos nunha mesma pota e preséntanse xuntos. Nalgúns casos tamén veñen acompañados de verduras. Trátase dunha tapa moi sinxela de preparar e que podes compartir con máis persoas. Nós adoitamos facer esta tapa engadindo dúas mariñeiras no prato para acompañar a tan bos ingredientes.
Zorza
A xorza é unha comida moi tradicional en Galicia, sobre todo no tempo da matanza. Normalmente acompáñase de patacas fritidas e un pouco de pan. Nós acostumámonos a tomalas con mariñeiras de AOVE e agora non queremos outra cousa. É un prato delicioso con un produto de calidade e un sabor incrible.
Cocido galego
O cocido galego é toda unha delicia, sobre todo no inverno. Ás veces, podémolo atopar nalgúns bares e restaurantes servido como tapa, o cal é unha grande sorte. O caldo galego pódese preparar con varios ingredientes: normalmente bótanselle diferentes tipos de carne de porco, como a costela, o lacón ou o chourizo. Ademais, adóitase botarlle fabas e varios tipos de hortalizas, coma os grelos, a berza ou o repolo.
Como acompañamento, en Daveiga recomendámosche engadir unhas cantas mariñeiras de espelta, que lle aportarán un sabor extra a esta maravillosa tapa. As nosas galletas poden acompañar so prato ou ir integradas no interior, ti decides!
Vieira ao forno
Nesta lista non podía faltar un prato que representara ao variado e marabilloso marisco que se atopa nas nosas costas. Neste caso, eliximos a vieira ao forno como representante dos sabores dos mares galegos. Normalmente, as vieiras sírvense de xeito individual e gratinadas ao forno. Para facer o rebozado, precisamos un ingrediente moi importante: o pan raiado. E aquí é onde entran en acción as nosas mariñeiras. Para nós, o mellor pan raiado é o que se obtén das nosas mariñeiras. Adoitamos facelo coa variedade clásica, mais podes escoller a que máis che guste para darlle un sabor aínda máis característico e especial ao teu prato.
Como vedes, as nosas mariñeiras combinan con todas as tapas típicas de Galicia. Nós eliximos estas seis, pero hai moitas máis.
Gustaríanos saber a túa opinión: coñecías todos estes pratos? Anímaste a probalos coas nosas mariñeiras? Cóntanos a túa experiencia nos comentarios do blog 😉