A noite de San Xoán é unha das noites máis máxicas do ano. En Galicia, existen varias tradicións populares en torno a esta noite, que aínda seguen a conservarse plenamente. No post de hoxe contámosche algunhas das máis coñecidas.
1. Saltar a fogata
Non podiamos comezar esta lista de tradicións típicas de San Xoán de outro xeito que non sexa coas coñecidas fogatas. Esta tradición non só está presente en Galicia, se non que se extende a distintas partes do noso país. É o ritual por excelencia onde nos reunimos ao redor dunha cacharela para queimar as cousas malas do pasado, para comezar o novo solsticio con enerxía positiva. En torno á fogata danse varios rituais. Un deles é escribir os nosos desexos nun papel e queimalos para que se vexan cumpridos. Outro é queimar un papel coas cousas malas que nos sucederon no pasado para que non volvan ocorrer. E o ritual máis atrevido (pero tamén o máis extendido) consiste en saltar por riba da fogata, dun lado ao outro, tres veces. Quen o consiga, logrará espantar as meigas e asegurará un ano cheo de boa sorte. Para evitar as posibles queimaduras, é preferible sempre saltar cando xa apenas quedan lumaradas.
2. Ritual para protexer a saúde
As tradicións máis antigas da noite de San Xoán teñen dous elementos indiscutibles: o lume e a auga. Nesta tradición, a auga é o protagonista indiscutible, xa que che axuda a conservar a boa saúde. O ritual consiste en lavar a cara a medianoite sen mirar ao espello, para poder manterse san durante todo o ano. Para que este ritual surta efecto, non deberás mirarte ao espello durante toda a noite. Do contrario, non se fará realidade a túa petición.
3. As herbas de San Xoan
As herbas de San Xoán son unha serie de plantas aromáticas e medicinais ás que se lles atribuen varias propiedades: espantan ás meigas e o mal de ollo e limpan o corpo e a alma.
O ritual consiste en varios pasos: primeiro recóllense as prantas, despois introdúcense na auga e déixanse toda a noite en repouso. Ao día seguinte, hai que lavar a cara coa mestura. As prantas escollidas son típicas de Galicia, polo que é moi doado atopalas no noso entorno natural.
4. As sardiñas: unha delicia de San Xoán!
Xa o di o refrán: “Por San Xoán a sardiña molla o pan”. E é que, San Xoán, en Galicia non sería o mesmo sen a degustación dunhas deliciosas sardiñas á prancha, con un anaquiño de bo pan. No noso caso, temos que dicir que hai tempo que comezamos a tomalas coas mariñeiras. É un bocado boísimo que non deixa de cumprir coa tradición pois, como xa saberás, as nosas galletas non deixan de ser pan: pan de barco, pan sen miolo…
5. Queimada galega
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas… Se eres de Galicia ou viñeches visitarnos, seguro que che soa esta frase. Trátase do inicio dun conxuro máxico que se recita mentras se prepara a famosa queimada galega na noite de San Xoán. Esta tradicional bebida prepárase con augardente, grans de café, azucre branco e mondas de limón e laranxa. Durante a súa elaboración engádense todos os ingredientes nun pote de barro e préndenselle lume mentras se recita o famoso conxuro da queimada para pedir aos espíritos a súa protección. Despois, sérvese en pequenas tazas para beber a brebaxe máxica.
6. Ritual de fertilidade
A Praia de A Lanzada, no concello de O Grove, é a protagonista dun tradicional ritual de fertilidade que se celebra na noite de San Xoán. As mulleres que desexaban ser nais, debían achegarse á beira do mar, colocarse de costas a el e saltar nove ondas para, nun futuro próximo, ver o seu soño de ser nais cumplido.
Coñecías todas estas tradicións? Sabes de algunha máis? De ser así, cóntanos nos comentarios que rituais coñeces ti para esta noite tan máxica e especial como é a noite de San Xoán.