Qué mellor con esta onda de calor que facer un postre caseiro e fresquiño na casa? É por iso que hoxe traémosche a receita de Cheesecake sobre mariñeiras, a sobremesa definitiva para este verán. Así que colle lápis, que comenzamos!📝
Ingredientes que necesitarás para un delicioso cheesecake sobre mariñeiras, niste caso, para 12 unidades:
👉300 g. de queso do Cebreiro (ou rulo de cabra, ou queso feta…)
👉180 g. de iogur natural
👉100 g. de leite
👉30 g. de azucre
👉2 follas de xelatina
👉Marmelada de froitos vermellos
👉Un paquete das nosas mariñeiras clásicas
Pasos a seguir:
Aquí vai a guía definitiva co paso a paso para crear unhas galletas mariñeiras cunha cobertura perfecta, que che axudará a ter un 10 no sabor ea facer os debuxos con facilidade.
📌Hidratar a xelatina en auga durante 5-10 minutos.
📌Desmenuzar o queixo e mesturar moi ben co iogur.
📌 Verte a mitade do leite nun caciño para calentalo co azucre e remove ata que éste xa se disolva. Escorre as follas de xelatina e disólvelas no leite. Engade o restante do leite frío e verte a mestura sobre o queixo. Mestura todo moi ben.
📌Coloca a preparación en moldes de silicona tipo flanera ou nun molde de madalenas. Tamén pódese poñer nunha bandexa e logo cortar círculos con un cortapastas. Por último, lévaa á enfriar á neveira para que se poida solidificar, mellor dun día para outro, para que quede ben firme.
📌Desmolda ou corta a modiño e colócaa sobre as mariñeiras. Cubre con marmelada do sabor que máis che guste.
E listo! 😉
Agardamos que vos gustara esta receita e sobre todo que pasedes un bo ratiño preparando esta cheesecake sobre galletas mariñeiras.
E se queredes ver máis receitas coma esta, non dubidedes en visitar o noso blogue e as nosas receitas en Instagram.