Lugar da Veiga produce desde Chantada as famosas galletas mariñeiras. Conta con máis de 80 traballadores e máis da metade son tamén socios dunha empresa que factura máis de 6 millóns de euros ao ano cun proxecto baseado no compromiso co medio e co local e na calidade dun produto plenamente natural.
Xosé Lois Lamazares, un daqueles irmáns que impulsou o proxecto, é o coordinador xeral dunha empresa que mantén firme a travesía pero cunha áncora sempre chantada na súa contorna, no rural, no local. Velaí radica o éxito, reivindica. Con el conversamos nesta segunda entrega da serie Mans da Galicia que vén.
Podes ler a entrevista ó completo en Praza.gal no seguinte enlace: https://bit.ly/3R1P4js