Ola, mariñeir@s!
O Nadal está ao virar a esquina e aínda que este ano vai ser atípico para todos debido á situación provocada pola pandemia, como dicimos os galegos: comer hai que comer! Por iso, para os que vos quedastes sen ideas ou para os que non tivéstedes tempo aínda de pensar en nada, en Daveiga traémosvos unha das mellores 10 receitas de canapés con Galletas Mariñeiras. Colleded papel e boli, ¡e ao lío!
1. Canapé de bombóns de pescada
A nosa amiga “Brujita en la cocina” ou @bertha_brujita para os instagramers, propuxo esta marabilla de canapé de pescada con base de galleta mariñeira. Orixinal e super vistoso, sorprenderá a calquera convidado pola presentación e polo sabor.
Só precisaredes: 200 gr filete pescada, 4 palitos de cangrexo, 1 loncha salmón afumado, 1 cucharada tomate frito, 1 cucharada de ketchup, 1 cucharada maionesa con sriracha, 1 ovo, 4 gotas salsa perrins, cebollino picado, aceite, mango, galletas mariñeiras Daveiga especial canapés.
2. Canapé de salmón afumado e cítricos
@food_pepa sorprendeunos fai uns meses con estes vistosos canapés de salmón afumado e zume de lima. Tomade boa nota dos ingredientes: 400grs. de salmón, 1 tomate, 1 aguacate, 1/4 de cebola pequenna, salsa de soia, 1 limón ou lima, cebollino (para decorar), galletas mariñeiras Daveiga de AOVE.
3. Canapé de polbo á prancha con puré de pataca
Como bos galegos que somos, non pode faltar bo marisco nas nosas ceas de Nadad e ¿por que non facer uns canapés de polbo á prancha con puré de pataca e base de galletas mariñeiras de aceite de oliva como o que nos enviou @franjape? Aínda que o vexades moi complicado de facer, asegurámosvos que é máis sinxelo do que parece. Importante: o polbo hai que cocelo primeiro antes de pasalo polo ferro. O resto da receita, clic na foto!
4. Canapé de ensalada fresca de atún
Tanto para un vermut de domingo como para un aperitivo de Nadal, este canapé de ensalada fresca de atún e galleta mariñeira de base, co que @mariamonterofoto convenceunos, é a cousa máis sinxela e resultona do mundo. Só leva leituga, cebola moi picada, tomate, atún (do bo, eh?), maionesa con queixo e mostaza. E sabedes que? Que ademais está boísimo!
5. Canapé ou coca de sardiñas
No blogue de Decorecetas podedes atopar esta receita de canapé para os amantes das conservas. Trátase dunha base de galleta mariñeira, pode ser de manteiga, aceite de oliva ou incluso, para os máis atrevidos, ¡de espelta! . Empezaredes por facer un sofrito con 2 dentes de allo, unha cebola pequena, medio pemento verde e vermello, e 2 tomates maduros grandes. Sal ao gusto e por último, poñede unhas sardiñas limpas encima de todo. Ao forno, a 180º por 25 minutos e listo!
6. Canapé con queixo de cabra, cebola caramelizada e noces
Si sodes amantes do queixo coma nós, este canapé de @las_chachas faravos a boca auga. Poñédelle unha base de galleta mariñeira Daveiga, cebola caramelizada, un toro de queixo de cabra, unhas noces e un pouco de amor. Gustaralle ata ao cuñado!
7. Canapé de zamburiñas en salsa de vieira
¿Que non tedes tempo de cociñar este Nadal? Temos o voso canapé ideal que nos enviou a nosa superfan @cory_85: base de galleta mariñeira con AOVE, e zamburiñas en salsa de vieira. Onde está o truco? Nas zamburiñas en conserva. Unha gran alternativa se non queredes cociñar en exceso. O máis importante, é que sexan unhas conservas boas, o resto vai só. Facédenos caso, dan o pego e quedaredes como señores e señoras.
8. Vasiños de brandada de bacallau con langostinos
Vaaale. Non son canapés, pero nos parecen tan ideais para estas festas que iñamos que incluilos. @lacocinadelsur sorprendéronnos con estes orixinais vasiños de brandada de bacallau con langostinos para os que non precisaredes garfo, senón galletas mariñeiras especial bocado, jeje. Divertido, ¿non?
9. Canapé doce de plátano, chocolate e amorodo
Non todo van ser canapés salgados, tamén temos un oco para o doce. Se estades fartos de turrón, polvoróns e mazapáns, animámosvos a que probedes esta opción de canapé doce de plátano, chocolate e amorodo que nos propón @comerdetodoblog. Fácil e ideal para os máis golosos da familia.
10. Canapé doce de flor de mazá
Como adoitan dicir os nosos amigos ingleses: last but not least. Presentámosvos este segundo canapé doce da man de @mi_coqueteria. Super fácil e moi resultón. Só tedes que usar unha galleta mariñeira de base, cubrir cunha capa de crema pasteleira espesiña para que aguante ben a flor, e cortar láminas moi finas de mazá, previamente pasadas 1 min ao microondas, para colocalas finalmente sobre a crema e a galleta mariñeira. Para decorar, un pouco de mel e canela. Non nos digades que non queda bonito!
Para rematar, queremos darvos as grazas a tod@ s os que nos enviastes estes fabulosos canapés ao longo deste ano e a tod@ s os demais, só lembrarvos que se tedes dúbidas sobre onde comprar as nosas galletas mariñeiras, podedes botar un ollo a este artigo do noso blogue: Onde mercar galletas mariñeiras.
Boas Festas (con sentidiño) a tod@s!