O pan sen miolo de longa duración

100% ingredientes naturais

Galletas Mariñeiras®

Orixe

Galletas Mariñeiras® é unha marca inspirada no pan seco, sin miolo, que utilizaban os mariñeiros dende o seculo XV.  Unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan, nas longas travesías oceánicas, de forma natural.
Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países e que perdura na actualidade. Sendo coñecidas con diferentes nomes como; “bolachas de auga e sal”, “galletas de soda”, “galletas de auga e sal”, “crackers” etc..
Inspirandonos neste concepto de pan, tamén rexistramos outras marcas, PAN MARIÑEIRO®, PAN DE BARCO®, GALLETAS DE BARCO®, etc., baixo as que comercializamos as nosas tostas de pan.

Presentación

Baixo a marca Galletas Mariñeiras® ofrecemos unha tosta de pan seco de longa duración, cuxo sabor neutro e resistencia á absorción da humidade as fai especiais para a elaboración de canapés combinados con doce ou salgado.

Pode ser substitutivo do pan fresco, pan torrado, pan de molde, galletas doces, etc., polo que son recomendadas para comer soas, para acompañar os teus pratos e como base para a elaboración de aperitivos.

Gózaas soas ou acompañadas!

  • Soas, entre comidas, en calquera momento e lugar…
  • En almorzos e merendas, acompañadas de marmelada, queixo para untar…
  • Como aperitivo, para a preparación de petiscos ou canapés doces e salgados.
  • Na sobremesa, acompañadas de marmelo, requeixo, queixos…

Calidade e Diferenciación

As Galletas Mariñeiras caracterízanse por elaborarse con materias primas naturais
PRODUTO NATURAL
Rexeitamos a utilización de aditivos, saborizantes, colorantes e conservantes artificiais.
PRESENTACIÓN
Forma ondulada orixinal e diferente doutras crackers.
TEXTURA E CROCANTEZ
Isto tradúcese nunha sensación moi agradable ao mastigar o produto.
FACILIDADE DE USO
A súa forma e consistencia facilitan o seu uso á hora de facer petiscos ou canapés.
SABOR NEUTRO
Non predomina ningún sabor o que facilita a súa maridaxe con doce ou salgado, e ao mesmo tempo teñen un gusto moi delicioso degustándoas soas.
RESISTENCIA Á ABSORCIÓN DA HUMIDADE
Aspecto a destacar para a elaboración de petiscos ou canapés.
DIXESTIBILIDADE
Son moi recomendables para o consumo en nenos, persoas maiores ou con problemas de acidez no estómago.
LONGA DURACIÓN
A vida útil natural do produto é de máis de 8 meses, tempo durante o cal conservan todo o seu sabor e textura.

Materias primas libres de aditivos e OGM

  • Fariña de trigo

  • Manteiga

  • Aceite de oliva virxe extra

  • Sal

  • Extracto de malte de cebada

  • Fariña de malte de cebada

  • Lecitina de soia IP

  • Fermento