O pan sen miolo de longa duración
100% ingredientes naturais
O pan sen miolo de longa duración
100% ingredientes naturais
As Galletas Mariñeiras® son unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de forma natural.
Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.
Coas Galletas Mariñeiras® ofrecemos un produto de panadería de longa duración, cuxo sabor neutro e resistencia á absorción da humidade as fai especiais para a elaboración de canapés combinados con doce ou salgado.
Pode ser substitutivo do pan fresco, pan torrado, pan de molde, galletas doces, etc., polo que son recomendadas para comer soas, para acompañar os teus pratos e como base para a elaboración de aperitivos.
Gózaas soas ou acompañadas!
Fariña de trigo
Manteiga
Aceite de oliva virxe extra
Sal
Extracto de malte de cebada
Fariña de malte de cebada
Lecitina de soia IP
Fermento