Ampliamos o prazo de presentación de propostas ata o 31 de Decembro.
¿Queredes conseguir unha cesta de produtos ecolóxicos galegos e entre todos ser solidarios?
Pois é moi doado, só tes que enviarnos unha fotografía cunha proposta de uso das mariñeiras para as comidas do Nadal. Por cada fotografía recibida entregaremos dúas bolsas de MARIÑEIRAS CLÁSICAS 200G, ao Banco de alimentos. Coa seguinte limitación:
Mínimo a entregar: 100 bolsas
Máximo a entregar: 840 bolsas
Os pasos que tedes que seguir son:
- Ser seguidores da fanpage de Daveiga.
- Marcar que participaredes no evento que crearemos en facebook coa denominación “Concurso solidario: receitas con mariñeiras para o Nadal”
- Enviarnos por mensaje privado ao noso facebook unha fotografía coa túa suxerencia de uso das mariñeiras para acompañar as comidas do Nadal. Poñede as nosas galletas nas vosas ceas e celebracións e mandádenos a fotografía. É unha posibilidade!!!!!!
- Cada fotografía debe de levar un título e unha descrición da receita. De non cumplirse este e o resto de requisitos a fotografía non se publicará e polo tanto non entrará a concurso.
- Cada participante pode enviar un máximo de 3 fotografías
- As fotografías teñen que ser orixinais e non ter sido publicadas con anterioridade
- O prazo para enviarnos as fotografías remata o 31 de Decembro.
- As fotografías publicaran todas o 2 de Xaneiro para que se pidan votar polos seguidores entre o 2 e o 5 de Xaneiro.
- Ganará o concurso a fotografía que o 5 de Xaneiro ás 20.00 tema más “Me gusta”.
- Haberá 5 premiados máis que corresponderán ás seguintes 5 fotografías con máis “Me gusta”.
- Para participar é necesario ser maior de idade e ter domicilio en España (península)
O primeiro premio consta dunha cesta de produtos ecolóxicos galegos e dun lote de galletas mariñeiras.
O lote de galletas mariñeiras estará formado por:
. 3 Bolsas Mariñeiras BIO con aceite V.E, 200g
. 3 Estoxos Mariñeiras BIO especial canapé, 100g
. 3 Estoxos Mariñeiras BIO con alga Wakame, 100g
O lote de produtos galegos ecolóxicos inclúe:
1 botella de viño tinto Abadía da Cova
1 botella de viño tinto Diego de Lemos
1 botella de sidra Maeloc
1 cervexa As Galegas
1 queixo curado Arqueixal
1 paté de algas Algamar
1 paquete de galletas Maruxas
1 tarta de améndoa Candea e Miño
2 marmelada Amorodo (arandos e cebola caramelizada)
1 estoxo de marrón glacé Naiciña
As outras cinco fotografías recibirán o lote de galletas mariñeiras.
. 2 Bolsas Mariñeiras Clásicas con manteiga, 200g
. 1 Bolsas Mariñeiras Clásicas sen sal, 200g
. 2 Bolsas Mariñeiras con Aceite Virxe Extra, 200g
. 1 Bolsas Mariñeiras Integrais, 200g
. 2 Bolsas Mariñeiras con CHÍA, 200g
. 2 Bolsa Mariñeiras BIO con aceite V.E, 200g
Animádevos a participar!