O pan sen miolo de longa duración

100% ingredientes naturais

As Galletas Mariñeiras

Orixe

As Galletas Mariñeiras® son unha adaptación moderna do “Pan de Barco ou Biscoito de Barco”, unha solución antiquísima dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de forma natural.
Chegaron a América nas diferentes expedicións mariñas e introducíronse na dieta habitual da poboación de moitos deses países.

Presentación

Coas Galletas Mariñeiras® ofrecemos un produto de panadería de longa duración, cuxo sabor neutro e resistencia á absorción da humidade as fai especiais para a elaboración de canapés combinados con doce ou salgado.
Pode ser substitutivo do pan fresco, pan torrado, pan de molde, galletas doces, etc., polo que son recomendadas para comer soas, para acompañar os teus pratos e como base para a elaboración de aperitivos.

Gózaas soas ou acompañadas!

  • Soas, entre comidas, en calquera momento e lugar…
  • En almorzos e merendas, acompañadas de marmelada, queixo para untar…
  • Como aperitivo, para a preparación de petiscos ou canapés doces e salgados.
  • Na sobremesa, acompañadas de marmelo, requeixo, queixos…

Calidade e Diferenciación

As Galletas Mariñeiras caracterízanse por elaborarse con materias primas naturais
PRODUTO NATURAL
Rexeitamos a utilización de aditivos, saborizantes, colorantes e conservantes artificiais.
PRESENTACIÓN
Forma ondulada orixinal e diferente doutras crackers.
TEXTURA E CROCANTEZ
Isto tradúcese nunha sensación moi agradable ao mastigar o produto.
FACILIDADE DE USO
A súa forma e consistencia facilitan o seu uso á hora de facer petiscos ou canapés.
SABOR NEUTRO
Non predomina ningún sabor o que facilita a súa maridaxe con doce ou salgado, e ao mesmo tempo teñen un gusto moi delicioso degustándoas soas.
RESISTENCIA Á ABSORCIÓN DA HUMIDADE
Aspecto a destacar para a elaboración de petiscos ou canapés.
DIXESTIBILIDADE
Son moi recomendables para o consumo en nenos, persoas maiores ou con problemas de acidez no estómago.
LONGA DURACIÓN
A vida útil natural do produto é de máis de 8 meses, tempo durante o cal conservan todo o seu sabor e textura.

Materias primas libres de aditivos e OGM

  • Fariña de trigo

  • Manteiga

  • Aceite de oliva virxe extra

  • Sal

  • Extracto de malte de cebada

  • Fariña de malte de cebada

  • Lecitina de soia IP

  • Fermento