Como prestan as visitas! Ao longo do 2018 diferentes grupos, asociacións e particulares interesáronse por coñecer como é o proceso de produción das mariñeiras.
Este ano os primeiros en visitarnos foron os alumnos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Enxeñería Agraria da Facultade de Ciencias de Ourense. No mes de marzo o obrador recibiu á Asociación AGORA para persoas con discapacidade, e compartimos con eles unha xornada moi agradábel. Os integrantes da Federación COGAMI Lugo tamén nos fixeron unha visita e desprazáronse desde a capital lucense para descubrir a elaboración das mariñeiras. Ademais, a xuventude de Chantada, interesouse pola industria local, e o alumnado de FP Dual e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES Val do Asma visitaron a nosa empresa baixo o encontro sectorial que lles organizou Xuventude Punto Net.
Non podemos esquecer a visita de particulares, que se achegaron a Lugar da Veiga para coñecernos internamente.
O equipo de Daveiga agradécevos a visita a todos e a todas que viñestes a vernos ao noso centro de traballo, onde día a día se elabora o pan de barco. Esperámosvos de novo coas portas abertas e invitamos a vir a todos aqueles que estean interesados en descubrirnos! Estamos encantados de recibirvos!